XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

Esta mañá recibimos unha visita moi especial... O vindeiro curso xa seremos alumnas e alumnos de 1º de Primaria, polo que teremos que estrear nova clase e deixar a nosa aula de Infantil. Pero esta non quedará baleira, serán os novos Pondaliñ@s de 3 anos os que desfruten e aprendan moito nela. E nós, por suposto, poderemos vir de visita cada vez que queiramos!

Como non podía ser doutra maneira, tiñamos que coñecelos, aínda que a algúns xa os coñecemos moi ben... Por alí viñeron Hugo, o irmán de Andrea; Noa, a irmá de Mario; Bella, a curmá de Roi; Axier, o curmán de Alejandro V.; Noa, a curmá de Martina; e tamén Álex, unha amiga de Mariña. Ademais de visitar o noso cole, tamén viñeron á nosa aula, e ata xogaron nela! O que máis lle gustou foi a cociña e a mesa de ferramentas!

Cando se foron, nós subimos rapidamente á nosa biblioteca, pois alí lle tiñamos preparada unha sorpresa que levamos ensaiando desde fai varios días... Recordades o conto de "Un becho estraño" que nos contaron no Samaín os nenos e nenas de 5ºB? Pois deixáronnos o seu rato para que nós llo puidésemos contar ás novas compañeiras e aos novos compañeiros! Moitas grazas a todos el@s e tamén á súa profe Meibel!


Aquí vos deixamos un vídeo que gravou Cristina, a mamá de Alejandro V., durante a nosa representación! Moitas grazas! Esperamos que lles gustase moito aos peques que hoxe nos visitaron e tamén ás súas familias que os acompañaron!


Pero ensaiar este contacontos non foi o único que fixemos estes últimos días... Para que os nosos novos compis recorden este día e teñan moitas ganas de vir ao cole de maiores, cada un de nós creoulle un mantel onde debuxamos o que máis nos gustaba de vir á escola! Aquí vos deixamos un deles que xa viaxou á casa dun novo Pondaliñ@!


Ademais, as profes Bea e Rocío crearon unhas pequenas marionetas do becho estraño que hoxe coñeceron os nosos novos compañeir@s para que tamén levasen de recordo e puidesen xogar con eles nas súas casas!


Foi un gran día e, ademais de facelo moi ben, pasámolo xenial!

BENVID@S NOV@S PONDALIÑ@S!

Comentarios

  1. joo.que peniña me vai dar ....e¡logo medran estes pondaliñosss...pero quedo contenta...non puderon ter mellor mestra nin mellores compis...foi una oa experiencia,e hai que deixar vir novos alumnos tamen,xa me tocara ir pola afillada Bella jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que o que lles espera en Primaria tamén vai ser xenial! 😍 E xa sabes que na clase de Rocío sempre serás benvida aínda que non teñas fillos ou afilladas por alí 😊😘

      Eliminar
    2. claro que iremo siempre siempre verte...

      Eliminar
  2. Tremenda benvida q lle preparachedes os proximos compañeiros. Pola bosa casa fixolle moita ilusión ós dous ainda q Noa non se mostrara moi receptiva😅.Os nosos pequenos fanse maiores😪,quedannos uns meses de emocions...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Os Pondaliñ@s de 5 anos estaban moi emocionad@s con iso de ser os protagonistas, e a nosa misión era facer que os novos compis viñesen content@s ao cole de maiores, e vese que o conseguimos! Alegrámonos moito de que vos gustase! 😊😘

      Eliminar
  3. Nin pensar no q falta de clases será a verdad moi triste o cambio pero sempre quedarán estes videos e fotos para recordar a gran profe Rocio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O que queda de curso tamén vai ser xenial, e temos que estar súper content@s de comezar unha nova aventura que seguro que tamén será marabillosa! 😊

      Eliminar
  4. Ese sentimento encontrado de que os nosos neniños fanse maiores dios que mal o imos pasar o fin de curso xa vexo os peques rindo e as mamas chorando ja ja ja, Axier desde logo veu encantado co novo cole.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O importante é que el@s vaian a 1° súperilusionad@s coa nova aventura! 😊 Despois a profe xa chora con vós, non vos preocupedes 😂 Alegrámonos moito de que a Axier lle gustase o cole de maiores 🤩

      Eliminar

Publicar un comentario