Este venres remata o colexio, e como non pode ser doutra maneira, comezan as vacacións! Durante os meses de xullo e agosto non viremos á escola, polo que no día de hoxe tocou celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpren 4 anos no verán! Aquí tedes a Izan, Lucía, Aroa, Zaira e Xabi coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa! Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Xa nos nosos lugares, cantámoslles o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as velas do número 4 nunha tarta da Patrulla Canina! E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar unhas fotos cuns invitados moi especiais... Os papás e as mamás de Lucía, Xabi e Zaira, a mamá de Izan e a mamá de Aroa e os seus irmáns Alejandro e Inés tamén se uniron á nosa festa! MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!...