ANIVERSARIOS DE XULLO E AGOSTO!
Este venres remata o colexio, e como non pode ser doutra maneira, comezan as vacacións! Durante os meses de xullo e agosto non viremos á escola, polo que no día de hoxe tocou celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpren 4 anos no verán! Aquí tedes a Izan, Lucía, Aroa, Zaira e Xabi coa súa coroa e coa súa medalla conmemorativa!
Por suposto, todos os Pondaliñ@s os felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!
Xa nos nosos lugares, cantámoslles o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos compañeiros sopraban as velas do número 4 nunha tarta da Patrulla Canina!
E despois de encher as nosas barrigolas con esta saborosa tarta e uns ricos zumes, tocaba sacar unhas fotos cuns invitados moi especiais... Os papás e as mamás de Lucía, Xabi e Zaira, a mamá de Izan e a mamá de Aroa e os seus irmáns Alejandro e Inés tamén se uniron á nosa festa!
MOITOS PARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
Rocío moitas gracias por deixarnos compartir con vós estes momentos tan especiais no cole cos nosos nenos.Fixonos moita ilusión poder estar alí con Lucía e o resto do seus compañeiros e poder ver un pouquiño da súa vida no cole, e ver ca emoción que nos quería explicar e ensinar todas as cousas da clase, foi un momento moi bonito. Teñen unha profe de 10. GRACIAS
ResponderEliminarE nós encantados de que veñades sempre que queirades, e máis vendo as súas caras de ilusión cando entrades pola porta 😍 Moitísimas grazas a vós, con familias así dá gusto 😘
Eliminar