SERIACIÓN DE TRES ELEMENTOS!
Outro dos xogos que realizamos na nosa aula son as seriacións, ou o que nós chamamos "os camiños", aínda que o que hoxe tocou crear foi un verme colorido e primaveral. Iso si, a cousa vaise complicando... Xa abandonamos o número dous e desta vez tocou crear unha serie de tres elementos en función da súa cor! Fixémolo fenomenal e moi pronto o complicaremos un pouquiño máis! Se nos apetece, podemos ir practicando nas nosas casas con calquera cousiña que atopemos!
Fixerono genial.Son uns artistas
ResponderEliminarSi, entendérono á primeira! 😊
Eliminar