A ANPA REGÁLANOS A ACTUACIÓN DO MAGO ÁLEX!

Esta mañá, grazas á ANPA do noso colexio, quedamos máis que abraiados cos trucos de maxia de Álex, un simpático mago carballés co que o pasamos estupendamente! Foron moitos os nosos xestos de sorpresa, pero moitas máis as gargalladas que nos botamos con el! Sen dúbida, a mellor maneira de pechar a temática deste ano: o circo!






Comentarios

  1. Lucía chegou encantada a casa, e contándonos un montón de cousas que viu na actuación do Mago Alex, gustoulle moitísimo, e a avóa de Lucía tamén, xa que o espectáculo era aberto as familias, dixo que lle encantou,que estivo xenial. A mamá de Roi tamén nos pasou fotitos hoxe pola tarde para que visemos como foi a actuación. Un 10 para o mago Alex, os nenos encantados. 😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O mago Álex é xenial e a súa actuación espectacular! ✨

      Eliminar
  2. roi o primeiro que dixo o baixar do bus foi,de maior vou ser mago !!!!jiije intentaba a sua maneira contar os trucossjijijijijie Alex encantoume como mago e como persona!moi majooo!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario