UN RECREO DIFERENTE!

Como ben sabedes, este venres celebraremos o "P de Pondal", o festival co que despediremos este curso! Por suposto, estades máis que convidados a este evento! As portas ás familias abriranse ás 10:15 horas, e os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos seremos os primeiros en actuar, alá polas 10:30 horas. Aquí vos deixamos o cartel que se creou para a ocasión! Que vos parece?


Levamos varias semanas ensaiando o noso baile na piscina que se atopa no patio cuberto, pero desde este luns un gran escenario invade a pista de fútbol, e como non podía ser doutra maneira, xa nos subimos a el para practicar un pouquiño máis! 

Ademais, contamos cun gran altofalante para poder escoitar a nosa canción durante os ensaios, mais hoxe tamén o utilizamos para transformar o noso recreo nun moi especial... Pasámolo en grande coas cancións que alí soaban, e témoslle que dar as grazas ás profes Ana e Sandra, xa que foron elas as que nos gravaron bailando así de ben! Recoñecédesnos entre tantos nen@s?

Comentarios

  1. O CATEL CHULIISIMOO!! ahí estaremos xa con ganiñas de velo todo!!Roi onte veu cantando jiijiij,e di que non quere que se acabe o cole...asique...ti veras...jajajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, dálle dous días na casa e outros dous de paseo por aí e xa verás como moi pronto se olvida do cole 😂

      Eliminar

Publicar un comentario