OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA AZUL"

Fai uns días recibimos a invitación da profe Luisa, e no día de onte, unha vez máis, visitamos o Edificio das Escolas para gozar da representación teatral de "A galiña azul", que como ben sabemos, é unha historia ideada por Carlos Casares. Nesta ocasión foi representada polos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria do noso colexio, e entre os actores e as actrices principais atopábase Alejandra, a irmá da nosa compañeira Naia, que interpretaba o papel de Manolito Lestón, o alcalde do pobo. Aquí vos deixamos algunhas fotiños!




Comentarios

  1. Que guapos e sonrintes están todos!!! 😍😍😍Están encantados de ir ver cousiñas novas...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pásano fenomenal cada vez que van ao Edificio das Escolas! 👌 (E aínda lles queda unha sorpresiña para o próximo luns 🙈)

      Eliminar

Publicar un comentario