O SÁHARA E O NILO NA AULA DE 4 ANOS!

Esta tarde, na aula de 4 anos, levamos a cabo o primeiro dos mandados do Señor do Tempo. Esta semana toca aprender sobre o deserto do Sáhara e o río Nilo, así que, como non podía ser doutra maneira, fixemos a nosa particular versión destes paraísos naturais. En primeiro lugar, entre todos, construímos as palabras "SÁHARA" e "NILO" e trasladámolas ao papel. De seguido, coa profe Rocío enchemos o folio cun pegamento especial que nos axudou a pegar a area do deserto, mentres que co profe Xalo pintamos a auga do río. Unha vez rematado, deixamos o Sáhara e o Nilo a secar porque este non é o final e mañá temos que continuar coa nosa creación... Aquí tedes a Aroa, a encargada de hoxe, explicando o proceso:


Ademais, esta mañá estivemos contando os días que faltan para o Entroido, e xa son moi poucos! A profe propúxonos ser raíñas e faraóns exipcios e a nós encantounos a idea, e tamén estamos seguros de que lle encantará ao Señor do Tempo! Faremos túnicas, cinturóns, coroas, colares e pulseiras. Xa temos modelos de cinturón e coroa, tamén pratos para os colares, ás familias pedímoslles rolos de papel hixiénico para as pulseiras e as túnicas están a piques de chegar, pero... Servirannos a todos, canto teñen que medir, haberá que cortar ou engadir tea? As nosas estimacións eran un tanto inexactas, así que pola tarde a profe trouxo unha cinta métrica para rexistrar as nosas alturas. Para que as medidas tomadas sexan útiles para confeccionar a túnica, proximamente medirémonos só do pescozo para abaixo, pero para ser o noso primeiro contacto coas unidades de medida convencionais (comezamos polos centímetros!) non está nada mal.


No día de hoxe non dou tempo a máis, e só puidemos rexistrar as medidas dos 23 Pondaliñ@s que hoxe viñeron ao cole. Pero mañá? Mañá poñeremos a traballar a nosa capacidade lóxico-matemática para ver quen é o máis alto/a e o máis baixo/a da clase, que medida se repite máis, ordenaremos alturas de maior a menor e viceversa, seguiremos incidindo no recoñecemento das decenas... E moito máis! E cando midamos do pescozo para abaixo ata poderemos descubrir cantos centímetros mide a nosa cabeza! Xa veredes!


Ademais, seguimos aprendendo máis do Antigo Exipto grazas a estes colgantes e ao gran papiro que nos trouxo o noso compañeiro Roi. Lendo o libro de "Egipto misterioso: ventanas curiosas" que nos trouxeron o Señor do Tempo, Andrea e Martina, descubrimos que un dos colgantes de Roi era un Ankh, o amuleto exipcio da vida, e o outro un xeroglífico cuxo significado era "Roi". E sabedes por que hoxe en día coñecemos o significado dos xeroglíficos? Pois grazas ao descubrimento da Pedra Rosetta, unha pedra escrita en tres idiomas (xeroglíficos exipcios, exipcio demótico e grego antiguo) que a súa comparación lle permitiu a Champollion descifrar o idioma xeroglífico e hoxe poder nós imitar esta escritura tan antiga. Ademais, abrindo unha das pestanas dese conto descubrimos como se crea o papiro orixinal: a partir dunha planta que leva o mesmo nome temos que cortala, mollala, entrelazala, petala e deixala secar, e así, despois dun tempo, xa temos listo un papiro! Por se fora pouco, a profe Mila deixounos unha axenda feita con papiro orixinal, gustounos moito velo, tocalo e ata ulilo! Estámonos facendo uns exiptólogos e unhas exiptólogas xeniais!

Comentarios

  1. Cantas cousas, estos días tiña un pouco abandonado o blog e sin poder escribirvos nada. Hoxe o sair do cole Lucía preguntoume canto media jijiji...pero non sabía o motivo, e tamén me contou que o papiro huele a café 😂😂😂... Cómo me van a gustar estos nenos disfrazados de raiñas e faraóns exipcios, gustame moito a idea.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois agora xa sabes o porqué, seguro que quere crear tamén a túa túnica para que veñas con nós 😂 E Lucía di que o papiro ule a café porque Roi e a súa mamá usaron café para darlle esa cor marrón ao seu súper-papiro. Os Pondaliñ@s levaron unha decepción hoxe cando descubriron que o papiro real non ulía a nada 🤣 Sen dúbida prefiren o olor a café, temos o papiro de Roi colgado e a profe xa pillou a algúns Pondaliñ@s ulíndoo disimuladamente jajajaja

      Eliminar
    2. jajajajajajaajaja café levaba oh!! caiulle o bote na cola!! jajajaja

      Eliminar
    3. Eso tamén nolo contou Roi, pero a profe non quería facelo público así tan alegremente como o fixo el na clase 🤣🤣🤣

      Eliminar
  2. SIII cantas cousas imos aprendendo! Roi chega e quere contar todo jijiji,e despois no Blog enteramonos jijijij encantame a temática dos disfraces,ides ir guaapiisimossss!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, é que lemos moito e vemos moitos vídeos e ás veces mezclan informacións, pero pouco a pouco van poñer todas as ideas en orde e facerse uns expertos exiptólog@s a final de trimestre 🤩🤩🤩

      Eliminar
  3. Gustame a idea dos disfraces.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario