CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ZAIRA!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós María José, a mamá da nosa compañeira Zaira!

Contounos unha historia titulada "Agustina, la payasa", protagonizada por Agustina, a muller do pallaso Agustín. Mentres el actúa, Agustina dedícase a realizar as tarefas do fogar e a coidar dos seus tres fillos. Pero ela, ao que de verdade aspira é a ser unha gran pallasa, aínda que o seu marido llo prohíbe. Grazas a unha dor de moas de Agustín, a nosa protagonista salta a pista do circo para demostrarlle a todo o mundo que pode ser unha gran pallasa. E por suposto que o consegue! Todas e todos podemos dedicarnos ao que máis nos guste, así que como ten que ser, Agustín e Agustina terminaron traballando os dous de pallasos no circo e compartindo as tarefas do fogar e o coidado dos fillos! Bravo por eles!


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Zaira enchémola de bicos e achuchóns! Moitas grazas María José, volve cando queiras!


Ademais, aproveitamos para comentarvos que mañá celebraremos o Día da Paz cos demais nenos e nenas da nosa escola cunha gran actuación que estivemos preparando coa mestra Luisa. Gravarémola para que non perdades nadiña!

E a semana pasada, grazas ao equipo de convivencia, coñecemos a Carlota Vendetta, protagonista do conto "¡Qué viva la paz!". Pouquiño a pouco fómolo lendo e comentando todos xuntos, buscando accións de paz que puidésemos escribir nas nosas botellas da paz. Porque este ano o que fixemos no CEIP Eduardo Pondal foi crear un mar cheo de mensaxes de paz! Mirade todo o que podemos facer para construír a paz:


BOTELLAS DA PAZ!

Esta mañá, antes de subir á aula, colocámolas no mar que está situado no hall do noso colexio!


E así quedou o noso mar despois de que pasasen todas as nosas compañeiras e todos os nosos compañeiros por este gran océano de paz!

Comentarios

  1. Unha historia de igualdade que falta fai ainda inculcarllas desde pequenos, chulisimo ese mar de paz

    ResponderEliminar
  2. si que chulo ese conto!!! ,que bonito ese mar de paz! que teñades un bo dia da paz!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario