CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A IRMÁ DE ALONSO!

No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta mañá estivo con nós Sabela, a irmá maior do noso compañeiro Alonso!

Contounos unha historia titulada "Na busca dun fogar", protagonizada por uns irmáns perdidos que buscan un novo lar. Atoparano? Claro que si, e ademais farano sempre xuntos! Despois de cruzar mares, montañas, desertos e labirintos, e tamén enfrontarse a algunha que outra besta, este grupo de hámsters consigue atopar ese fogar que tanto ansiaban. Cal será? Nós xa o sabemos...


Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á irmá de Alonso, enchémola de bicos e achuchóns! Ela, a cambio, agasallounos cuns preciosos marcapáxinas creados por ela mesma. Volve cando queiras Sabela, estás máis que invitada!


Ademais, aproveitamos para contarvos que hoxe recibimos unha nova visita do Señor do Tempo... Desta vez, apareceron dous botes xunto á súa caixa, un con auga e o crocodilo de Lucía e outro con area e a serpe de Roi. Así mesmo, tamén puidemos ver os nosos pasaportes, novos informes para completar e unha carta explicativa.


A carta dicía así: "A proba da localización está gañada e a primeira misión máis que superada. Se vos animades a velo, no voso pasaporte tedes o primeiro selo" (E aquí temos á nosa encargada Andrea mostrando o primeiro dos cuños do Señor do Tempo!) Pero o noso novo amigo tiña algo máis que dicirnos: "Esta auga e esta area veñen dun lugar que pensando un pouquiño tedes que adiviñar". Como non podía ser doutra maneira, nunha milésima de segundo das nosas bocas saiu un "Río Nilo" e un "Deserto do Sáhara" ben alto que nos sacou de calquera dúbida. Así pois, xa sabemos cal é a misión desta nova semana: saber máis do Río Nilo e do Deserto do Sáhara. Ademais, analizando as fichas que nos deixou o Señor do Tempo, quere que aprendamos máis sobre a súa fauna e a súa flora, e tamén sobre os medios de transporte que se empregaban para viaxar por ambos lugares. Estamos máis que listos para investigar! Seguiremos informando!

Comentarios

  1. q ben Sabela ejercendo de irma maior!bravo por ela!,que ben !! a primeira proba superada!!,ahora a investigar pa conseguir encher ese pasaporte!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Sabela fíxoo fenomenal e ademais estaba súper ilusionada 😍 (Se Leo quere vir xa sabedes que está máis que invitado 😊) E si, os próximos días imos dalo todo intentando aprender o máximo posible sobre o Sáhara e o Nilo 🙌🙌🙌

      Eliminar
    2. direillo,haber si se anima jijijiji

      Eliminar
    3. Que se pase cando queira pola aula de 4 anos! 😊

      Eliminar
  2. Super chulos os marcapaginas e eles super contentos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, aos Pondaliñ@s encántalles recibir ás familias na nosa biblioteca 😍 E os marcapáxinas son xeniais, unha artista Sabela 👏👏👏

      Eliminar
  3. Que ben sabela?. Que ben os nenos conseguiron o primeiro selo. Son uns artistas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sabela fíxoo fenomenal 👌, e os Pondaliñ@s tamén porque o Señor do Tempo non lle dá selos a calquera 😎

      Eliminar

Publicar un comentario