DÍA DA PAZ: "MOLA CANTIDADE"!

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, e ademais do "Mar de Paz" que nos recibe no hall do noso colexio, hoxe cantamos xunto aos demais compañeiros e compañeiras a canción que levamos un tempo ensaiando coa mestra Luisa titulada "Mola cantidade!" (Mamá Cabra e Carmen Gil)!



Aquí podedes ver a nosa actuación:


Ademais, esta tarde coñecemos como ía ser a túnica do noso disfrace de faraóns e raíñas, e transformámonos en artesanas e artesáns exipcios para crear as nosas xoias. Aquí nos podedes ver decorando os nosos colares e os nosos brazaletes, para os que reciclamos pratos de cartón e rolos de papel hixiénico.

Comentarios

  1. Que actuacion mais bonita. Que ben o fixeron.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Todo mérito deles e da profe Luisa 👏👏👏

      Eliminar
  2. Precioso td, ay estés nenos q ben o pasanp hoxe Naia dime mamá sabes con que se bañaba Cleopatra? Con leite de burra . IVA conducindo e quedei parva . COMO aprenden gracias profes sodes unicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, é que imos lendo os libros que nos mandades, e cada cousa curiosa que alí se di, cousa coa que se quedan. Cando a profe se lía coas cores das distintas coroas dos faraóns xa están os Pondaliñ@s para botarlle unha man 😆

      Eliminar
  3. estes pondliños e os profes si que molan cantidade!!! e si que vain ir guapisimoss con eses disfraces!!! xa con moiitas ganas de velooss!! jijijijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E as familias de 4 anos tamén molan cantidade 😋 Os disfraces aínda están a medio facer, pero hoxe fixemos a primeira proba de vestiario e a verdade é que estes Pondaliñ@s van ir auténtic@s 😍

      Eliminar
  4. Mola mogollón 😍😍😍😍,algúns estaban máis bailarins que outros ja ja ja.... e con ganas xa de ver esos disfraces tan chulos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non bailaron tanto coma outras veces porque viñan do recreo e seguro que estaban moi cansos, pero de todas formas molou cantidade a actuación 😋😋😋 Os disfraces aínda están en proceso de fabricación, pero prometemos telos listos para o venres 😊😊😊

      Eliminar

Publicar un comentario