CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LEILA!
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial. Esta tarde estivo con nós Sandra, a mamá da nosa compañeira Leila! Contounos a historia de " Caramba ", un gato normal e corrente, que pasea, miaña e come pescado. Porén, conta cunha gran diferencia con respecto aos demais gatos: el non podía voar. Será medo? Quen sabe... Despois de moito intentalo, non consegue alzarse no aire e viaxar polo ceo sen axuda, pero si logra facer algo que os demais gatos non fan. Que será? A do gato Caramba é unha bonita e fantasiosa historia que nos fixo rir a gargalladas cos seus disparates, pero que tamén nos demostra que ser diferente ten a súa parte boa. O noso protagonista finalmente foi quen de descubrilo, e transformar a súa tristeza por non voar nunha inmesa alegría cando descubriu o que era capaz de facer baixo a auga do mar... Ao rematar, como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para ce...