DÍA DO LIBRO 2018!

No día de hoxe conmemórase o Día do Libro, e na nosa escola decidimos celebralo cun apadriñamento lector organizado polo Equipo de Biblioteca do noso colexio. O xoves da semana pasada, os nenos de nenas de 4ºA visitaron a nosa aula para coñecernos un chisquiño máis e así indagar sobre as nosas lecturas favoritas. E esta mañá, despois do recreo, contáronnos as historias que elixiron pensando nos nosos gustos. Encantáronnos tódolos contos que escolleron, e moito máis nos gustou pasar un tempo acompañados dos maiores compartindo unha actividade tan bonita coma esta!


Ademais, Cleo aproveitou para agasallar aos gañadores do "Concurso de Civilizacións" proposto desde a Biblioteca para o alumnado de Educación Primaria. As tres aulas de Educación Infantil recibimos un agasallo grupal por ter realizado un proxecto sobre o Antigo Exipto e responder correctamente a tódalas preguntas dun trivial que Cleo nos mandou semanas atrás. Aquí temos á nosa encargada Noa co noso regalo: un libro de tiburóns para seguir aprendendo máis e máis e así botarlle unha man ao Capitán Nemo! Por suposto, a tódolos Pondaliñ@s nos encatou e xa estamos desexando ler todas as súas páxinas!




Ademais, para rematar a xornada, pola tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar coa actuación de Pako Pakolas, un músico que lle canta a animais con cola e tamén sen cola! 



Facía días que estabamos escoitando as súas cancións na nosa clase, especialmente unha titulada... "A QUENLLA MADRUGADORA"! Si, Pako Pakolas ten unha canción dedicada aos tiburóns! Puxémonos moi contentos e moi contentas cando anunciou que ía cantala, e así bailamos este rock&roll!

Comentarios

  1. Andrea veu super contenta para casa ca actuacion que fostes ver.

    ResponderEliminar
  2. pois sii viñeron todos cantando!! gustame a min jijijij e moi boa iniciativa a da biblioteca! xa sabemos o seguinte conto que colleremos..Paco Pacolas jijiji

    ResponderEliminar
  3. Alejandro tamen se e que os contos con rock molan mais, xa me dixo eu quero unha guitarra electrica coma a de paco pakolas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que van saír moit@s rockeir@s da aula de 4 anos! Dérono todo no concerto 🤘

      Eliminar

Publicar un comentario