DESCUBRIMOS NOVOS ANIMAIS MARIÑOS!
No día de hoxe, despois das rutinas da encargada e dalgún que outro xogo, dedicamos a mañá a realizar varios traballiños nas nosas mesas. Xa pola tarde, despois de ter clase coa mestra Pilar, decidimos analizar algúns dos materiais que trouxemos das nosas casas.
Comezamos con Naia e os seus peluches. Primeiramente ensinounos un polbo cos seus oito tentáculos que lle prestou a súa irmá Alejandra, e seguidamente unha estrela de cinco brazos que lle coseu a súa mamá. Mirade que bonitos!
Continuamos con Mariña, que nos trouxo este libro que nos permite adentrarnos no fondo mariño grazas a unha lanterna máxica. Mirade que xenialidade!
Esta foi a segunda e a última aportación do día, pois todos quixemos probar esa lanterna máxica e non tivemos tempo a ver os materiais que trouxeron outros Pondaliñ@s. Prometemos continuar mañá sen falta!
Como podedes comprobar no seguinte vídeo, este libro lévanos da superficie ás grandes profundidades mariñas, recordando así as partes dos océanos que onte nos presentou o Capitán Nemo. Respectando as quendas establecidas, un a un fomos buscando os animais que a profe nos ía indicando mentres nos lía algunha característica peculiar destes animais. Algúns xa os coñecíamos, pero doutros nin nos sonaba o seu nome, así que como nos gusta tanto, será un xogo moi recorrente para ampliar o noso vocabulario mariño! Tamén nos puxemos moi contentas e contentos ao descubrir un submarino coma o Nautilus ao final das súas páxinas!

As 8da noite mama quería que me fixeras a estrela, e ala a mama a máquina jajajajajajaj todo vale por o bico grande q me dou despois
ResponderEliminarPois mira que sorte que tiveches a recompensa máis bonita do mundo 😍 Ademais do contenta que Naia veu ao cole anunciándolle aos demais Pondaliñ@s que mamá lle cosera a estrela 😋
EliminarE o peor e q me di, mamá fasme un tiburón martillo? Ayyy en q líos nos mete estés profes jajajajajajaj
ResponderEliminarPois nada, xa sabes, a encender a máquina de novo 😆 Os profes non teñen culpa de nada, fala co Capitán Nemo que necesita nova información que non temos no cole 😋
Eliminar