ANIVERSARIOS DE ABRIL!

No día de hoxe estivemos de celebración! Andrea fíxose maior e xa ten 5 anos! Aquí a tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios!


Por suposto, tódolos Pondaliñ@s a felicitamos e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!


Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa compañeira sopraba a súa vela de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con Andrea tamén quixo compartir este momento Susana, a súa madriña!


Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que che gustasen os nosos agasallos!

Comentarios

  1. Moitas gracias polos agasallos. Veu toda contenta para casa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito. Esperamos que pasase un moi bo día de cumple no cole 😊😊😊

      Eliminar

Publicar un comentario