RECICLARTE!

Xa sabemos que os Pondaliñ@s temos un pouquiño abandonado o blog esta semana... Pero o final de trimestre está aquí e estivemos traballando moito moitísimo para que o próximo xoves poidamos levar para as nosas casas tódolos traballiños que fomos facendo durante os últimos meses!

Seguimos moi involucrados e involucradas no proxecto das baleas, e estamos moi concienciadas e concienciados sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar materiais. Así pois, volvemos a revolver no noso armario da reciclaxe e decidimos reutilizar algunhas cousiñas que alí atopamos... Desta vez para transformarnos en artistas medioambientais!

Primeiro,  como base empregamos algúns dos xornais que sempre usamos para evitar manchar as mesas cando pintamos con pinceis! 


Logo, cortamos e pegamos teas que as familias nos mandárades cando recreáramos a Sandwina, a primeira muller forzuda!


Seguidamente, atopamos uns brillantes que usáramos para disfrazarnos de exipcias e exipcios, e que por suposto tivemos que introducir na nosa obra de arte!


E xa por último, escollemos uns botóns que tamén nos enviárades as familias e que a profe nos axudou a pegar. Aquí tedes á nosa encargada de hoxe!


Rematadas as obras de arte, reunímonos en asemblea para darlle título, porque todos os cadros contan con un! Por suposto, os nosos xiraban todos ao redor do respecto e coidado pola natureza e os animais, e con todos eles o que pretendíamos os Pondaliñ@s era concienciar a todo o mundo sobre a importancia de protexer o medio ambiente!

Mirade que bonitos nos quedaron! Agardamos que vos gusten!





Pero esta non foi a única manualidade que fixemos esta semana... Tamén nos dedicamos a picar uns antifaces e a decorar unhas bolboretas que van ter un corpo moi especial! Aquí vos deixamos algunhas fotografías, pero polo momento non podemos desvelar o segredo. Moi pronto descubriredes que andamos a argallar!




Comentarios

  1. Xa me parecia que estabades traballando moito o non publicar no blog. Asi da gusto ter profes que enseñen tan ben os nenos. Xa desvelaredes o segredo, seguro que nos vai gustar moito, jajajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, estivemos a tope 💪 Xa lles prometín que esta semana non facíamos ningunha fichiña, e foi o primeiro que me preguntaron, non fora ser que me olvidara 😂 O segredo poderédelo ver o xoves 😊

      Eliminar

Publicar un comentario