COELLIÑOS DE PASCUA!

Como ben prometemos no día de onte, esta mañá rematamos de xuntar tódalas pezas que picamos para transformar un simple vaso nun coelliño de Pascua! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s que faltábamos!



Pero isto non era todo... Non botades en falta algo moi característico dos coellos? Claro, faltaban os bigotes! Así que alí llos debuxamos!

E cando estaba todo listo... Unha asiña para agarrar, un pouquiño de espuma e o máis importante, os ovos de Pascua! Que vos parece? Agaradamos que vos gusten!


E sabedes o mellor de todo? Mañá xa estarán nas nosas casas, pois xa temos todo máis que listo para despedir ao 2º trimestre deste curso!

Comentarios

  1. Que bonitos eses coelliños de Pascua. Xa lle falta pouco para acabar o segundo trimestre. Como pasa o tempo. Despois se traen as notas aprobadas, vacacions, jajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito de que vos gusten! 🐰🐰🐰

      Eliminar
  2. Si que quedaron xenial! Espero q algun ovo chegue a casa para poder probalos😋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Avisad@s iban, pero a profe non se fai responsable do que pasa despois das 14.15 🤣 Pero seguro que non foron tan larpeir@s e algún vos deixaron 😋

      Eliminar
  3. quedaron superchulis e si,chegaron vivos jijijiji

    ResponderEliminar

Publicar un comentario