CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS: PARABÉNS ROI!
Recordades que os Pondaliñ@s participáramos nun concurso de superheroínas? Pois esta semana o Equipo de Convivencia do centro escolleu os debuxos gañadores, e na aula de 5 anos estamos de noraboa!
O noso compañeiro Roi foi un dos gañadores, grazas ao seu retrato de "Súperabrazos", unha superheroína que abraza aos nenos e nenas que se pelexan.
Ademais dun gran aplauso de tódolos Pondaliñ@s de 5 anos, o noso compañeiro tamén gañou unha bolsiña de caramelos e un bolígrafo de canciños. Encantoulle! Moitos parabéns Roi!
Ademais, aproveitamos o final de trimestre para mostrarvos todo o que estivemos facendo estes últimos días. Xunto aos coelliños de Pascua que xa vos ensinamos, tamén decoramos a superportada da carpeta que contén tódolos traballiños do trimestre e a bolsa primaveral na que os levamos. Aquí vos deixamos a imaxe do que hoxe levou a nosa encargada! Agardamos que vos guste!

Mira que traballastes?. Os traballos estan moi ben.
ResponderEliminarParabens Roi
ResponderEliminarBueno,que feliz veu Roi, e o regalo acertastes o maximo,seguro que xa sabe todo o cole que ten unha nova perrita jijijij canto traballaron ests nenos,x temos un armario solo pos seus traballiños do cole jiji
ResponderEliminarUn agasallo ben merecido! 😊 E si, xa estamos enterad@s das aventuras de Lía 🐶
Eliminar