DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS!
Onte, 23 de abril, celebrouse o 'Día do Libro'. Por mor do mal tempo, as actividades que tiñamos previstas na nosa escola para conmemorar esta xornada pospuxémolas para a vindeira semana, mais esta mañá o Concello de Ponteceso agasallounos cun contacontos para festexar este día tan especial.
Da man da compañía "A Trastenda dos Contos" e de Felipe Díaz, ao que nós coñecemos como Caxoto Contacontos, a nosa biblioteca encheuse dos contos e cantigas que protagonizan "Contos vellos, novos finais". Estas historias, ademais de divertirnos, fixéronnos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes a través de distintas personaxes de conto coma o lobo feroz, Carrapuchiña e a súa avoa, os tres porquiños ou os sete cabritiños.
Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca:
Aquí vos deixamos un cachiño do que hoxe ocorreu na nosa biblioteca:
Partense de risa que Ben o pasaron ahora entendo EU o do cumple do lobo feroz j ja ja
ResponderEliminarTodo ten a súa explicación! 🤣🤣🤣
Eliminar