DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!

Hoxe, 2 de abril, conmemórase o 'Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo', e no hall da nosa escola xa podedes ver este mural creado por algúns compañeiros e compañeiras de Educación Primaria.


Aproveitamos esta xornada para explicar algunhas das características deste trastorno que non coñecíamos, e así tamén puidemos entender mellor algúns comportamentos que ás veces vemos no colexio ou na rúa.

Coa axuda da profe Silvia falamos longo e tendido sobre o tema, e fíxonos conscientes de que, como nós, as nenas e os nenos con autismo tamén teñen dificultades para realizar algunhas actividades, como facer amigos e relacionarse con eles. Ademais, tamén comprendemos mellor algunhas actitudes que nos estrañaban, como falar en voz moi alta cando non toca ou en lugares nos que non o podemos facer.

Pero coma nós tamén, os nenos e nenas con autismo poden realizar outras actividades especialmente ben, chegando a ser auténticos xenios. Nós que imos ao Club de Ciencias... Sabíades que Albert Einstein, un dos maiores científicos da historia, tiña autismo? Nós agora si!

Ademais, grazas a este corto, descubrimos moitas destas superhabilidades das que viñamos falando. Mirade, mirade!


Grazas ás conversas de hoxe empatizamos un pouquiño máis coas persoas con autismo, e comprometémonos a querelos e respectalos máis do que o facemos... Pois esta mañá na aula tamén estivemos reflexionando sobre algunhas actitudes que tomamos para con eles e elas: a algúns Pondaliñ@s escápasenos a risa cando escoitamos voces no corredor, murmuramos cando pasan polo noso lado ou marchamos cando se acercan a nós. 

Pensamos en como nos sentiríamos nós se alguén nos fixese algo así, e chegamos á conclusión de que francamento o pasaríamos moi mal e que non nos gustaría nada que nolo fixesen. Así pois, prometemos que se acabarían as risas e os susurros, e que intentaríamos relacionarnos e xogar con elas e eles cando nos buscasen. Seguro que así será!

Queredes botarnos unha man e lograr que todo o mundo respecte ás persoas con autismo? Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un documento creado polo Departamento de Orientación e o Equipo de Convivencia do centro que nos ofrece este e outros recursos para aprender máis sobre este trastorno e así empatizar máis coas persoas que o desenvolveron.

Comentarios

  1. Roi veu moi concienciado do problema dos nenos autistas,emseñandoos asi de pequenos,faremos deles uns homiños de proveito gracias por esta leccion tan valiosaa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario