CLUB DE CIENCIA: MARZO!

Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto ás nosas compañeiras e compañeiros maiores, regresamos á aula de ciencia para realizar o terceiro experimento do club. Este deberíamolo ter feito no mes de marzo, mais por diversos imprevistos, tivemos que pospoñer a sesión ata o día de hoxe.

Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear unha lámpara de lava empregando auga, aceite, colorante e pastillas efervescentes. Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo:


Asi mesmo, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/

Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos nas próximas semanas con novas experiencias científicas. Seguiremos informando!

Comentarios