QUE SERÁ, QUE SERÁ?
Esta mañá iniciamos unha nova manualidade desas que tanto nos gustan, e ata podemos dicir que esta foi unha das nosas favoritas. Pronto saberedes por que...
Ímosvos ir dando unhas pistas, a ver se sodes capaces de adiviñar que andamos a argallar!
Comezaremos dicindo que o encargado de hoxe nos entregou a cada Pondaliñ@ un vaso de cor rosa cun ollos móbiles e un pompón branco no seu interior... Que será, que será?
De seguido, nós empezamos a picar unhas orellas brancas, unhas orellas rosas e pegando unhas sobre as outras. Que será, que será?
A continuación, picamos un pequeno nariz de cor negra... Que será, que será?
Logo, uns mofletes blancos... Que será, que será?
E xa para rematar, uns dentiños de tamaño considerable... Que será, que será?
Despois de tantas pistas esperamos que xa saibades de que se trata... Pero se aínda non o descubríchedes, mirade o que pasa cando xuntamos tódalas pezas!
Claro! Fixemos un coelliño de Pascua! E aí están as orellas, os ollos, o nariz, os mofletes e os dentes. Pero... Onde está o pompón que viña dentro do vaso? Sorpresa, sorpresa!
Esta mañá só nos dou tempo a montar os coellos do equipo azul e vermello, porque necesitamos axuda da profe, pero mañá prometemos rematar os da mesa verde e amarela! E probablemente vexades algún detalliño que por aí falta...
E o xoves... Que ricos van estar estes coelliños nun par de días!

Q coelliños mais bonitos😍😍😍pedazo artistas estes Pondaliños👏👏👏
ResponderEliminarQue ben, alegrámonos moito de que vos gusten! 🐰🐰🐰
Eliminar