Publicacións

ATA SEMPRE PONDALIÑ@S! ♥

Imaxe
Estes tres anos ao voso lado foron marabillosos. Non sabedes aínda canto vos botarei de menos...  Quérovos de aquí á nosa estrela, e volta. Ata sempre Pondaliñ@s! ♥

VÉMONOS NO CAMIÑO...

Imaxe
Cando vos coñecín tiñades 3 anos, algúns nin os chegárades a cumprir. Era setembro de 2016, a vosa primeira vez nesta escola, pero tamén a miña. Crédeme cando vos digo que foi un pracer percorrer este camiño da vosa man. Moitas horas pasei con vós mentres chorábades por mamá ou por papá, e non vos vou mentir, moitas veces eu tamén tiven ganas de facelo, incluso cando vós xa non chorábades. Moitos días acabei colorada, despeinada, manchada, cos petos cheos de cachibaches variados e con pintura, plastilina e purpurina nos lugares máis insospeitados. Algunhas veces incluso desquiciada, para que ocultalo. Pero foi así como, pouco a pouco, todos xuntos fomos aprendendo. Vós de min pero, sobre todo, eu de vós. Non sabedes canto... Pouco a pouco fóchedes medrando, uns tivéronse que ir e outros viñéchedes un pouquiño máis tarde, pero agora sodes 25 grandes pequerrechos que me facedes rir, chorar e algunhas veces enfadar. 25 Pondaliñ@s que me namorades día a día, que me emocionades con cada

TRES CURSOS XA PASARON...

Imaxe
Hoxe querémosvos contar a nosa historia persoal. Unha historia con principio que non ten final. Con tres aniños chegamos ao CEIP Eduardo Pondal. Que era ese sitio tan grande no que estábamos a punto de entrar? O novo cole esperaba por nós cargadiño de emocións. E tamén a profe Rocío... 25 nenas e nenos, que lío! Na clase coñecemos a Teo e ata o levamos de paseo. Con el vivimos moitos momentos, canto o botaremos de menos... O cole sentábanos de marabilla porque fixemos unha gran pandilla. Pero de Dani nos tivemos que despedir porque a Corme se tivo que ir. Coa axuda do profe Xalo rematamos en tres anos. A Iria adeus lle dixemos, pero pronto volveu a vernos. Catro anos comezamos cunha nova incorporación. Un terremoto nos presentaron... Era Mario, que ilusión! Números e letras aprendemos e debuxos tamén fixemos. Cantamos e bailamos e no patio tamén xogamos. Despedimos catro anos e a clase de cinco conquistamos. Un novo amigo nos acompañou, foi Alejandro o que chegou! Nes

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Imaxe
O noso terceiro curso no CEIP Eduardo Pondal xa rematou e as vacacións xa están aquí! Agora toca descansar e divertirse moitísimo durante estes meses para volver en setembro coas pilas ben cargadas! Que xa imos ser Pondaliñ@s de 1º de Primaria, menuda emoción! Ademais, se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder á carpeta de Google Drive que contén tódalas fotografías que tomamos e tódolos vídeos que grabamos ao longo do curso 2018/2019 e que xa podedes descargar! E se algunha familia se esqueceu de facelo en anos anteriores, aquí vos deixamos os links que nos levan ás carpetas que resumen o noso paso por 3 e 4 anos. Por favor, descargade todo o material durante o verán! En setembro a profe Rocío terá que eliminalas para deixarlle espazo ás imaxes e vídeos dos novos Pondaliñ@s que se incorporan á súa aula o vindeiro curso. 3 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=0B9XouQ7LXLpYeGZzQVlPblhvcDQ 4 ANOS:  https://drive.google.com/open?id=1i5WM-vKqnb5WNKZHM0dyZbpzlrpdiFoO 5 A

P DE PONDAL!

Imaxe
Esta mañá despedimos o curso 2018/2019 e a nosa etapa en Educación Infantil por todo o alto! Celebramos a terceira edición do festival "P de Pondal"! Nesta ocasión os Pondaliñ@s de 5 anos fixémoslle unha homenaxe ao grupo favorito da nosa profe Rocío e transformámonos nos seus Freddie Mercury particulares. Estábamos auténtic@s! Aquí nos tedes a tod@s a piques de comezar a nosa actuación! E aquí está a nosa gran actuación! Que ben o fixemos! Que gran espectáculo! Ademais, grazas á mamá do noso compañeiro Roi, temos unha gran reportaxe fotográfica do día de hoxe. Moitas grazas Rosario! Agardamos que vos gustase e que vos divertírades tanto coma nós!

VISITAMOS A AULA DE 1º DE PRIMARIA!

Imaxe
Como ben sabedes, en poucos meses os Pondaliñ@s de 5 anos pasarán a ser alumnas e alumnos de 1º de Primaria, así que esta mañá aproveitamos a última misión que nos deixou o Señor do Tempo para visitar aos nosos compañeiros e compañeiras de corredor e resolver tódalas cuestións que propuxemos para completar a lista de Dash. Aquí nos tedes na que será a nosa futura aula: Por suposto, os nenos e nenas de 1º aceptaron axudarnos moi amablemente e resolveron tódalas nosas dúbidas. Aquí vos deixamos as súas respostas, por se os Pondaliñ@s non as recordan todas e no verán necesitan solucionar algunha cuestión: En 1º non teñen a Teo nin ningunha outra mascota. As mesas colócanse por equipos. Neste caso unha gran mesa con forma de "U" e outra máis pequena con forma de rectángulo. Imos ter PDI e nela podemos escoitar cancións, ver vídeos, aprender a través de xogos interactivos... Na clase non hai recunchos, pero teñen estanterías para gardar diferentes xogos (contos,

MERENDOLA DE FIN DE CURSO!

Imaxe
Para celebrar que este curso 2018/2019 chega ao seu fin, os Pondaliñ@s de 3, 4 e 5 anos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria desfrutamos dunha gran merendola! Bocatas, galletas, chocolate, chuches, patacas fritas, gusanitos e un montón de bebidas moi diferentes ás que tomamos nas nosas merendas habituais... Puxémonos as botas! Ademais, tamén visitamos o pavillón para ser espectadores do tradicional partido que disputan os alumn@s de 6º contra algúns mestr@s da nosa escola!  E mañá a desfrutar do noso último día como Pondaliñ@s de Infantil!