RETO IV: COMO SE CHAMAN OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS?

Esta mañá, xusto ao volver do recreo, atopamos unha nova mensaxe do Señor do Tempo...


Como podedes ler, ao Señor do Tempo encantáronlle os nosos brazaletes de superheroínas e superheroes, polo que a nosa terceira misión estaba máis que superada e xa podíamos abrir a porta número tres! Así o fixo Lucas, o noso encargado de hoxe:


Mais superado un reto, sabemos perfectamente que unha nova misión está esperando por nós... Nesta nova carta o Señor do Tempo pediunos que recordásemos todos os superheroes e superheroínas que xa coñecemos e, sobre todo, que busquemos información para descubrir aqueles outros que aínda son descoñecidos para nós...

Por suposto, puxémonos mans á obra! Comezamos cunha chuvia de ideas para descubrir a quen coñecíamos, e para facelo un chisquiño máis divertido xogamos á "Pataca Quente"! Rapidamente, cada Pondaliñ@ tiña que dicir en alto o nome dalgunha superheroína ou dalgún superheroe que coñecese, pasándolle a pataca ao compañeiro ou compañeira do lado moi moi moi rápido, para así non queimarnos! Mirade que ben o fixemos e cantos nomes demos:


Xa coñecemos moitos superheroes e moitas superheroínas, polo que agora quédanos investigar para aprender máis sobre os que aínda non coñecemos... Un par de compañeiras xa se puxeron ao lío, mirade a lista que crearon Noa e Aroa V. no recanto do proxecto! Abriron un dos libros que temos, comezaron a pasar follas e apuntaron toda aquela personaxe que nunca viran antes! Os demais Pondaliñ@s prometemos continuala nos próximos días:


Ademais, aproveitamos para presentarvos o museo que creamos no corredor de Educación Infantil. Os nosos cadros sen rematar xa están expostos, con carteliño incluído para que quen pase por alí coñeza o título e as autoras ou autores destas obras de arte. Agardamos que vos guste!

Comentarios