SUPERANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO!
No día de hoxe estivemos de celebración! Roi e Hugo fixéronse maiores e xa cumpriron 6 anos. E Aroa V., Lucía, Izan, Zaira e Xabi farano durante os meses de verán, pero non por iso quedaron sen celebración! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios!
Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de "Supercumpleañer@s nº6"!
Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos aos nosos compañeir@s, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!
Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos... Uns grandes libros de debuxos para os nosos compañeir@s!
E xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos amigos sopraban as súas velas de aniversario!
Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate!
Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Rosario e Leo, a mamá e o irmán de Roi; Eva e David, a mamá e o papá de Hugo; Mónica e Inés, a mamá e a irmá de Aroa; Marcos, María e Álvaro, o papá, a mamá e o irmán de Lucía; Raquel, a mamá de Izan; Mª José, a mamá de Zaira; e Sandra, a mamá de Xabi.

MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
Moitisimas felicidades a tod@s, si no lo veo no lo creo Alejandro cantando e con boa cara 😂😂😂
ResponderEliminarMoitas gracias 😊 Jajajaja, hai que despedir o curso con alegría 😂
Eliminarmoitisimas gracias , foi un placer estar no ultimo cumple de infantil besossss
ResponderEliminar