ROBÓTICA EDUCATIVA: VISITAMOS 5ºB!
Esta mañá os Pondaliñ@s de 5 anos subimos ao último piso da nosa escola para visitar aos nenos e nenas de 5ºB, e tamén á súa profe Meibel. Sabedes por que? Pois porque durante todo o ano estiveron participando nun programa de Robótica Educativa, e ao rematar o curso invitáronnos a coñecer os seus robots e as súas maquetas...
Mirade que ideas tan xeniais para mellorar a educación viaria de Ponteceso!
E ata nolas deixaron probar para descubrir de primeira man como funcionaban os diferentes sensores!
Pero, sen dúbida, o momento máis esperado e o que máis nos entusiasmou foi cando nos deixaron manexar os seus robots. Conducímolos e algúns incluso os fixemos soar!
Que ben o pasamos e canto nos gustou esta nova experiencia! Moitas grazas pola invitación!

Comentarios
Publicar un comentario