TRES CURSOS XA PASARON...

Hoxe querémosvos contar a nosa historia persoal. Unha historia con principio que non ten final.

Con tres aniños chegamos ao CEIP Eduardo Pondal. Que era ese sitio tan grande no que estábamos a punto de entrar?

O novo cole esperaba por nós cargadiño de emocións. E tamén a profe Rocío... 25 nenas e nenos, que lío!

Na clase coñecemos a Teo e ata o levamos de paseo. Con el vivimos moitos momentos, canto o botaremos de menos...

O cole sentábanos de marabilla porque fixemos unha gran pandilla. Pero de Dani nos tivemos que despedir porque a Corme se tivo que ir.

Coa axuda do profe Xalo rematamos en tres anos. A Iria adeus lle dixemos, pero pronto volveu a vernos.

Catro anos comezamos cunha nova incorporación. Un terremoto nos presentaron... Era Mario, que ilusión!

Números e letras aprendemos e debuxos tamén fixemos. Cantamos e bailamos e no patio tamén xogamos.

Despedimos catro anos e a clase de cinco conquistamos. Un novo amigo nos acompañou, foi Alejandro o que chegou!

Nestes anos desfrutamos de aniversarios e celebracións. Ponteceso, Carballo e Coruña visitamos cando fomos de excursión.

Viaxamos ao Polo Norte, Exipto e Plutón coa nosa gran imaxinación. Especialistas somos en caracois, baleas e tiburóns. E dos superheroes aprendemos un montón. Grazas ao Señor do Tempo que na nosa porta petou.

Tres cursos xa pasaron e agora toca despedir, unha etapa moi bonita, a etapa de Infantil.



Comentarios

  1. Que logo pasa o tempo. Eu encantada de que lle toques a Hugo como profe infantil. Eres unha profe maravillosa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que creo que se nos pasou moi rápido a tod@s, pero velos crecer é moi bonito 😊 Agora toca emprender unha nova aventura cos novos Pondaliñ@s 😍

      Eliminar
  2. Adios no..hasta prontitooo joooo como cambiaron..

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, eran uns bebechiños cando chegaron ao cole 😍

      Eliminar

Publicar un comentario