VISITAMOS A AULA DE 1º DE PRIMARIA!
Como ben sabedes, en poucos meses os Pondaliñ@s de 5 anos pasarán a ser alumnas e alumnos de 1º de Primaria, así que esta mañá aproveitamos a última misión que nos deixou o Señor do Tempo para visitar aos nosos compañeiros e compañeiras de corredor e resolver tódalas cuestións que propuxemos para completar a lista de Dash.
Aquí nos tedes na que será a nosa futura aula:
Por suposto, os nenos e nenas de 1º aceptaron axudarnos moi amablemente e resolveron tódalas nosas dúbidas. Aquí vos deixamos as súas respostas, por se os Pondaliñ@s non as recordan todas e no verán necesitan solucionar algunha cuestión:
- En 1º non teñen a Teo nin ningunha outra mascota.
- As mesas colócanse por equipos. Neste caso unha gran mesa con forma de "U" e outra máis pequena con forma de rectángulo.
- Imos ter PDI e nela podemos escoitar cancións, ver vídeos, aprender a través de xogos interactivos...
- Na clase non hai recunchos, pero teñen estanterías para gardar diferentes xogos (contos, quebracabezas, plastilina...).
- Hai xogos e contos na clase e podemos usalos ao rematar de traballar e no tempo libre.
- Ata setembro non saberemos quen será a nosa mestra ou o noso mestre. Pode ser alguén do cole ou alguén que chegue novo. Os nenos e nenas de 1º tiveron este curso dúas profes que non coñecían e están encantadísimos coas dúas, así que iso non será ningún problema. (Á nosa profe Rocío tampouco a coñecíamos cando chegamos ao cole e non nos saiu tan mal o experimento 😛)
- Os seus actuais mestr@s especialistas son Isabel, Sheila, Carlos e Pilar. Podemos asegurar que Carlos e Pilar seguirán impartindo Educación Física e Relixión, mais temos que esperar a setembro para saber quen será a nova profe de Música e tamén para ver se a nosa mestra de Inglés será Teacher ou Isabel.
- En 1º só levan de deberes para a casa os exercicios que non rematan na aula. E os venres levan unha folliña de actividades para a fin de semana, pero son voluntarias. Pero isto xa depende da profe ou do profe que nós teñamos...
- Na clase hai normas e son as mismiñas que temos en Infantil.
- Contáronnos que en 1º se traballaba algo máis que en Infantil! Pero tampouco é tan difícil como parece.
- Os mandilóns deixámolos en Infantil! O curso que vén non os necesitamos!
- Tampouco teñen gorras na clase! Só as traen para as excursións.
- As mochilas teñen que ser un pouco máis grandes que as que temos en Infantil porque temos que meter máis cousas que a merenda e a axenda.
- Os nen@s de 1º utilizan carpetas para gardar as fichas que fan.
- Tamén teñen libretas pequenas para as diferentes asignaturas.
- Pola mañá fan rutinas pero son diferentes ás de Infantil. Teñen encargado.
- Actualmente non aprenden por proxectos, utilizan libros, pero isto dependerá do profe ou da profe que a nós nos toque, así que temos que esperar a setembro!
- Os nen@s de 1º non coñecen ao Señor do Tempo, así que non sabemos que pasará con el...
- As nosas asignaturas son Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Plástica. Ademais das que nos dan os especialistas.
- Os nen@s de 1º fan fichas e tamén exercicios en caderniños e libretas.
- En 1º non se fan exames!
- Se queremos, podemos celebrar o noso cumple na aula. Pero as familias non estarán na clase, e seremos nós os que traemos tarta ou chuches.
- As merendas son no patio. Xa non merendamos na clase!
- Podemos traer de merenda o que máis nos apeteza. Non teñen calendario de merendas!
- Ata 2º o noso patio será o dos pequenos e poderemos xogar ao fútbol e tamén no parque.
- En 1º fan excursións, aínda que non as comparten con Infantil, senón que van cos nen@s de 2º. Así que nós o ano que vén saíremos do cole cos nen@s que hoxe visitamos!
- En 1º tamén se pode ir ao Club de Ciencias.
- E o máis importante... O cambio non é tan difícil como parece e aos nen@s encantoulles 1º! Ningún quere volver a Infantil!
E no medio da conversa xurdiu unha pregunta moi importante: Vannos deixar ir ao baño para visitar á profe Rocío? Non sabemos quen será a nosa titora ou o noso titor, pero a resposta está claro que ten que ser que SI!
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA COMPAÑEIR@S! VÉMONOS O CURSO QUE VÉN!
ufff un cambio grande,pero vexo que Rocio mandaos moi preparados para o cambio, e les ilusionados...na nosa casa un dia moi contento,pero o outro quero a Rocioo..e non e raro que o diga jijiji pero Rocio estará ali o colee como ela ben dii iran de visita , as mamas tamen jajajajajjaja de min non te libras asi como asi,estarei aquí po que necesitesss
ResponderEliminarVai ser un cambio moi positivo, xa veredes 😊 E claro que si, as portas da aula da profe Rocío sempre estarán abertas para os Pondaliñ@s e as súas familias ❤
Eliminar