COÑECEMOS AOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIR@S!

Esta mañá recibimos unha visita moi especial... Nuns meses seremos Pondaliñ@s de 1º de Primaria, polo que ao facernos maiores cambiaremos de aula, de profe e tamén contaremos con novos amig@s na nosa clase! 

Por este motivo, hoxe coñecemos a Mateo e Daniela, que se incorporarán á nosa aula o vindeiro curso! Moitos de nós xa os coñecíamos das actividades extraescolares e fíxonos moitísima ilusión a súa visita!

Como somos tantos, ao principio resultaralles complicado acordarse de tódolos nomes, así que quixemos facerllo un pouquiño máis fácil... E para iso creamos un libro-xogo para cada un! Aquí temos á nosa compañeira Leila decorando as portadas, e as mans en forma de corazón son de Hugo!


Nas seguintes páxinas colocamos unha das fotografías grupais que sacamos na última saída á Coruña, e tamén as fotos individuais da nosa graduación xunto ao noso nome, que cada Pondaliñ@ tivo que escribir e decorar! E en que consistía o xogo? Pois tanto Mateo como Daniela tiñan que descubrir o noso nome, intentalo recordar e logo buscarnos na foto grupal! Realizamos unha proba e fixérono xenial!

E como contraportada deste libro-xogo, cada Pondaliñ@ deixou a súa pegada nunha árbore que representa á gran familia que formamos! Por suposto, Daniela e Mateo tamén deixaron a súa porque xa forman parte dela!

Aquí nos tedes a tod@s xuntos!


E isto non foi todo! Mateo e Daniela tamén quedaron a merendar! Pero xurdiunos un problema: seguro que viñan sen mantel... Así que estaba claro, tiñamos que prepararlles uns! E xa tiñamos unhas voluntarias que se puxeron mans á obra rapidamente!



E, por suposto, Lucía, Mariña, Marta e Martina foron as encargadas de entregarllos antes da merenda! A Mateo e Daniela encantoulles!



Ata o próximo curso compañeir@s! Vémonos de novo en setembro!

Comentarios

Publicar un comentario