NOVOS RETOS DO SEÑOR DO TEMPO!

Estas últimas semanas o Señor do Tempo tivo que apurar un chisquiño as súas misións sobre os superheroes e as superheroínas, mais por fin chegamos ao último reto, e moi pronto descubriremos o que se agocha no interior da casiña. Por fin poderemos desvelar ese misterio que nos ten tan intrigados! Que gran misión nos espera? A quen temos que axudar? Ai, que nervios!

Así pois, nestes últimos días fomos recibindo novas cartas con novos retos: descubrir novos superpoderes, coñecer algúns villanos, crear o noso propio superheroe ou superheroína e aprender un chisquiño máis de arte, música e cociña superheroica.

Pouco a pouco fomos superando probas, e os encargados e encargadas de aula abrindo portas. Só nos queda unha, que cremos que mañá xa poderemos abrir!








Pero non creades que isto de superar retos consiste só en deixar por escrito todo o que imos descubrindo nos libros de información, tamén temos un montón de xogos na aula, algún que outro que nos deixa o Señor do Tempo na PDI, e mirade que ben o pasamos coa nosa canción superheroica favorita:

Comentarios