DASH PRECISA DA NOSA AXUDA!
Despois de varias semanas de investigación e aprendizaxe sobre o mundo dos superheroes e das superheroínas, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos quen de superar tódolos retos que nos propuxo o Señor do Tempo!
Así pois, hoxe puidemos abrir a porta número oito, a última da casiña que nos deixou! E como non podía ser doutra maneira, o Señor do Tempo cumpriu coa súa palabra e desvelounos a misión ultrahipermegaimportante e secreta que tiña para nós!
Sabíamos que tiñamos que axudar a alguén... Pero a quen? Que problema tiña? Como o podíamos solucionar? Estas e outras moitas preguntas rondaban pola nosa mente, e hoxe por fin puidemos contestalas a todas!
Estade atent@s ao seguinte vídeo, nel descubriredes quen precisa da nosa colaboración para solucionar un problema ben importante...
Efectivamente, era Dash Parr quen nos necesitaba! E, por suposto, aceptamos a misión sen dubidalo e puxémonos mans á obra... Tantas ideas se nos viñan á mente que a profe non era capaz de seguirnos o ritmo! Creamos unha lista de dúbidas tan longa que enchemos un folio enteiro polas dúas caras!
Estas son as dúbidas que recollemos:
AULA
Xa vedes que os nenos e nenas de 5 anos teñen moitas dúbidas con respecto a 1º de Primaria, pero o que os Pondaliñ@s aínda non saben é que estas cuestións non só axudarán a Dash, senón que tamén lles axudarán a el@s a entender un pouquiño máis en que vai consistir este cambio. Tódalas súas dúbidas serán resoltas por unhas persoas moi especiais nun lugar moi especial. Mañá descubriredes de quen falamos e a onde iremos...
Así pois, hoxe puidemos abrir a porta número oito, a última da casiña que nos deixou! E como non podía ser doutra maneira, o Señor do Tempo cumpriu coa súa palabra e desvelounos a misión ultrahipermegaimportante e secreta que tiña para nós!
Sabíamos que tiñamos que axudar a alguén... Pero a quen? Que problema tiña? Como o podíamos solucionar? Estas e outras moitas preguntas rondaban pola nosa mente, e hoxe por fin puidemos contestalas a todas!
Estade atent@s ao seguinte vídeo, nel descubriredes quen precisa da nosa colaboración para solucionar un problema ben importante...
Efectivamente, era Dash Parr quen nos necesitaba! E, por suposto, aceptamos a misión sen dubidalo e puxémonos mans á obra... Tantas ideas se nos viñan á mente que a profe non era capaz de seguirnos o ritmo! Creamos unha lista de dúbidas tan longa que enchemos un folio enteiro polas dúas caras!
Estas son as dúbidas que recollemos:
AULA
- Imos ter Teos? Ou algunha mascota?
- As mesas están separadas ou por equipos?
- Imos ter PDI?
- Imos ter recunchos?
- Imos ter xogos dentro da clase? Cando podemos xogar con eles?
- Imos ter quebracabezas? Cando podemos xogar con eles?
- Imos ter contos para ler? Cando os podemos ler?
MESTR@S
- A nosa profe ímola coñecer? É algunha das que xa está no cole?
- Quen van ser os profes de Inglés, Música, Educación Física e Relixión?
- Os profes vannos poñer deberes?
MANEIRA DE FACER
- Imos ter normas na clase?
- Imos ter que traballar moito?
- Temos que ter mandilóns na clase?
- Temos que ter gorras na clase?
- Como teñen que ser as mochilas?
- Necesitamos carpetas?
- Cantas libretas temos que ter?
- Imos facer rutinas pola mañá? Vai haber un encargado?
- Imos aprender por proxectos?
- O Señor do Tempo vai estar en 1º?
- Que asignaturas imos ter?
- Imos facer fichas ou exercicios en libros e libretas?
- Vannos facer exames?
- Imos celebrar os cumples na clase?
- Merendamos na clase ou no patio?
- Podemos levar o que queiramos de merenda ou o que nos manden?
- No recreo imos para o patio dos pequenos ou dos maiores? Podemos xogar ao fútbol?
- No recreo podemos xogar no parque?
- Vai haber excursións? Imos ir de excursión cos nen@s de Infantil?
- Podemos ir ao Club de Ciencias?
E a máis reflexiva de todas: A clase cambia moito de 5 anos a 1º? Aos nen@s gústalles ir para 1º?
Joooo q boa misiin na nosa casa hai moitisimas desas dubidas
ResponderEliminarÉ que este Señor do Tempo estache atento a todo 😉
Eliminar