SUPERANIVERSARIOS DE SETEMBRO!

No día de hoxe estivemos de celebración, a primeira deste novo curso! Daniella fíxose maior e xa cumpriu 5 anos, polo que aquí a tedes no noso marco dos aniversarios! 


Nesta ocasión non temos coroas nin tampouco chapas conmemorativas, mais o que si que temos é unha capa de supercumpleañera con máscara a xogo! A temática deste curso serán os superheroes e as superheroínas, e na clase de 5 anos estámonos metendo de cheo nela celebrando desta maneira tan especial os nosos aniversarios!


Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos á nosa compañeira Daniella, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!


Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo. Desta vez non tocou un portafotos nin tampouco unha postal coma en anos anteriores, senón que o que fixemos foi un gran libro de debuxos para a nosa compañeira. Mirade, mirade!


Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres a nosa amiga sopraba a súa vela de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa! Non quedou nadiña...


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixo compartir este momento Pury, a mamá de Daniella. Moitas grazas por vir!


MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

Comentarios

  1. Vaya superheroes, felicidades daniela

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alejandro xa quería levar a máscara que lle tocou para a casa! 🙈 Pero xa entendeu que tiñan que quedar na clase porque senón a súa festa de cumple non podía ser de superheroes e superheroínas 😋

      Moitas grazas polas felicitacións de cumple! 🎂🎈🎉

      Eliminar
  2. Bueno polo menos parece que empeza a entender as cousas, imos mellorando claro e que son superguays normal que a quixera traer

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non era o único que as quería levar, pero tod@s o entenderon sen problema 🤣 Alegrámonos de que vos guste a temática e a idea deste novo curso 😊😍

      Eliminar
  3. moiitas felicidades Daniela!! e sii a temática de superhéroes triunfou!!!! van estar deseando que lles toque a eles..!! guaapisiimos están tod@s!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos guste a temática deste ano 😊

      E moitas gracias polas felicitacións! 🎂🎈🎉

      Eliminar
  4. Acertaches coa temática 100% Rocio, estan encantados!!!Felicidades a Daniella !!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste, e os Pondaliñ@s seguro que a desfrutan un montón ao longo do curso! 😊

      Moitas gracias polas felicitacións! 🎂🎈🎉

      Eliminar
  5. Moitas grazas polas felicitacions. E pola invitación,encantoume poder ir. Mil bikos de Daniella E grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito da túa visita! 😊 Os Pondaliñ@s estamos encantados de recibir a tódalas familias no noso día especial! 😍

      Eliminar

Publicar un comentario