ASTRONAUTAS INGRÁVIDOS NA AULA DE MÚSICA!

Ademais do aniversario do noso compañeiro Mario, hoxe foi un día movidiño na aula de 5 anos... Comezamos a mañá preparando algunhas manualidades relacionadas cunha celebración terrorífica que xa está a piques de comezar: O SAMAÍN!

Aproveitando algunhas das follas que trouxemos das nosas casas, cubrímolas todas cunha capa de pintura branca que farán que se transformen nunhas personaxes terroríficas típicas desta época do ano... Si, si, si! Estamos creando uns fantasmas moi medorentos que mañá remataremos e colgaremos das teas de araña que xa inundan o noso corredor! Polo momento só vos podemos mostrar o proceso, mañá ensinarémosvos o resultado final:





Así mesmo, mentres nós pintabamos estas follas, a mestra chamounos para estampar a nosa pegada de cor verde nunhas cartolinas moi escuras... Que estaremos tramando? En que se transformará a nosa man? Nós xa o sabemos, moi pronto vós tamén o poderedes descubrir! Aquí vos deixamos ao 'supercumpleañero' de hoxe durante este proceso:


Pero isto non foi todo, hoxe fixemos algo realmente divertido na aula de Música coa profe Sheila... Antes de nada temos que falarvos de Leo, un cadeliño que vai a tódolos lugares cantando, e que ademais é moi curioso e gústalle moitísimo aprender cousas novas. E o mellor de todo, Leo tiña unha avoa que se chamaba Laika, pero Laika non era unha cadeliña calquera... Laika foi o primeiro ser vivo que viaxou ao Espazo! Si, si, si... Incluso antes dos seres humanos! Aquí a tedes:


Pero volvendo con Leo, o neto da cadeliña astronauta... Este é un can tan pero tan curioso que ata visitou a 'Casa dos sons', e é alí onde viven tódolos sons do mundo! Esta mañá na aula de Música escoitamos os primeiros sons que habitan nesta casa, e tódolos Pondaliñ@s de 5 anos bailamos ao seu ritmo.

Pero non bailamos de calquera maneira... Recordando a Laika, a avoa de Leo, decidimos transformarnos en astronautas que realizan unha danza na Lúa. Como alí a gravidade é moi baixa os astronautas flotan, polo que a nosa danza tiña que ser un chisquiño diferente á que faríamos no planeta Terra. E para poñérnolo un pouquiño máis complicado, e tamén moito máis divertido, a profe Sheila entregounos uns tules que, por suposto, tamén debían de flotar. Recordade que estamos na Lúa bailando ao son da música que sae da 'Casa dos sons'! Aquí vos deixamos algunha fotografía:

Comentarios

  1. Estes pondaliños moito traballan e dou fe de que se divirten e estan encantados coas suas tareas.Ainda me gustaría estar tamen a min nesa clase de música botando os tules a voar!☺️☺️

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa sabes, pásate polo cole cando queiras que seguro que algo andamos argallando! 😊

      Eliminar
  2. JIJIJII cumple completo !!! atareados vos vexooo...e Mario con esa man verdeeee .....ummmm esperaremos logo pa que será!! ese baile de tutus si que mola jijijiji e Laika pobre morriu no viaxe o espazoo.....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Atarefadísimos, en 5 anos sempre hai algo que facer! 😋 Esperade ata a semaniña que vén para descubrir que faremos coas mans verdes, a ver se conseguimos que veñan tódolos Pondaliñ@s ao cole 🤞 E si, a pobre Laika foi pero nunca máis volveu 😦

      Eliminar

Publicar un comentario