MANDALAS DE OUTONO!

O noso corredor pouquiño a pouco vai collendo forma e cada día que pasa está máis cheo de cousas... Comezamos polas fiestras, decorando un montón de follas de Outono que xa colocamos arredor de todas elas. No seu interior, os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil e 1º de Primaria botaron a voar a súa imaxinación e con follas naturais os de 3 anos encheron uns paraugas que eles mesmos decoraron, os de 4 unhas carretillas que lles quedaron ben fermosas e os de 1º transformaron as súas follas en divertidos animais propios desta estación do ano. 

Como non podía ser doutra maneira, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén colaboramos nesta actividade, e coas follas que trouxemos das nosas casas, por equipos creamos os nosos mandalas de Outono. Na pantalla da aula proxectamos diferentes exemplos para inspirarnos, insistimos moito na simetría, e tamén na importancia do sentido estético, pois tíñannos que quedar uns mandalas preciosos para alegrar o noso corredor.

Coa axuda da profe, por parellas fomos creando as diferentes partes do noso mandala... Primeiro escollíamos a cor que usaríamos, sen repetirnos, e logo buscábamos follas idénticas calculando o tamaño que terían que ter, máis grandes ou máis pequenas en función do espazo que quedase. Por último, colocámolas intentando respectar a simetría da que xa falamos, aínda que isto era un pouquiño máis complicado. Finalmente, a profe encargouse de plastificar os nosos mandalas para poder colgalos no noso corredor.

Aquí vos deixamos o proceso e o resultado final. Agardamos que vos gusten!

Mandala do equipo vermello.

Mandala do equipo azul.

Mandala do equipo verde.

Mandala do equipo amarelo.

Esta semana continuaremos coa decoración do noso corredor, mais nesta ocasión cambiaremos o Outono polo Samaín. Un senfín de teas de araña xa colgan do teito, e os nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos xa crearon uns morcegos e unhas cabazas terroríficas. Agora é a quenda dos Pondaliñ@s de 5 anos, que seguiremos aproveitando as follas que trouxemos para crear uns fantasmas propios desta festividade que tanto nos gusta, xa vos contaremos como o faremos... E, por suposto, mostrarémosvos o resultado final. Ao mellor ata podemos grabar un vídeo do noso corredor cando rematemos todos estes traballiños de decoración!

E falando do Samaín... Coma tódolos martes, os Pondaliñ@s de 5 anos subimos á biblioteca a facerlle unha pequena visita a Cleo. Ademais de falar dos contos que levamos para as nosas casas e do moito ou pouco que nos gustaron os que trouxemos de volta, sempre aproveitamos para ler un conto importante para nós. A semana pasada aprendemos máis sobre os astrounautas, e esta semana escoitamos a historia dunha nena que nos falaba de tódolos medos que ela tiña. Eran como unha gran montaña, pero conforme nolos iba contando, esta montaña facíase moito máis pequena, pois non hai nada mellor para superar os nosos medos que compartilos coa xente que queremos. Así que ademais de escoitar esta historia, aproveitamos para poñer en común os nosos medos, e non eran poucos! Aquí volo deixamos por se o queredes escoitar de novo:

Comentarios

  1. Preciosas as mandalas!!!!! e o corredor terrorífico seguro que pon mooito miiediñoooo !!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias, alegrámonos de que vos gustasen os nosos mandalas! 🍁🌿🍂 E o corredor máis medo dará, xa estivemos hoxe facendo algunha cousiña para colgar das teas de araña 👻😱

      Eliminar

Publicar un comentario