SUPERANIVERSARIOS DE OUTUBRO!
No día de hoxe estivemos de celebración! Mario fíxose maior e xa cumpriu 5 anos, e aquí o tedes no noso marco dos aniversarios!
Sen dubidalo, enfundou a súa capa de "Supercumpleañero nº 5"!
Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ao noso compañeiro Mario, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!
Así mesmo, tamén lle fixemos un bonito agasallo... Un gran libro de debuxos para o noso compañeiro!
Xa nos nosos lugares cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres o noso amigo sopraba a súa vela de aniversario!
Despois disto o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa! Non quedou nadiña...
Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Ana, Ginés, Noa e Carmen, ou o que é o mesmo, a mamá, o papá, a irmá e a avoa de Mario. Moitas grazas por vir!

MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
Feliz cumple Mario!!!! pero que superhéroe mas guaapoo!!!
ResponderEliminarMoitísimas gracias! ⚡⚡⚡
EliminarFeliz cumple guapeton, todo orgulloso andava hoxe ca sua capa
ResponderEliminarMoitísimas gracias! ⚡⚡⚡ Claro que estaba orgulloso, unha capa de 'Supercumpleañero 5' non se consegue tódolos días 😋
EliminarGracias pola invitación a vosa clase!foi un placer invitar a estes larpeiros a un anaquiño de tarta e compartir con eles este momento tan especial para nos e para Mario.
ResponderEliminarMoitísimas grazas por vir a este superaniversario! 😊
Eliminar