NOVO RETO DE VALENTINA TERESHKOVA!

Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova estaba esperando por nós, e tiña unha nova moi importante que darnos... Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe:


Como puidéchedes comprobar, o Señor do Tempo púxose en contacto con ela para contarlle os avances que fixemos a semana pasada relacionados co planeta Venus. E esta semana, a primeira muller astronauta rétanos a aprender máis sobre o planeta no que vivimos: A Terra!

Ademais, coa alegría de ter coñecido os nosos progresos, Valentina Tereshkova foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos deixou fai unhas semanas. Por suposto, xa o completamos co anaquiño número tres!

Así pois, esta semana aprenderemos máis sobre o planeta Terra, e para iso axudarémonos de tódolos libros de información que foron traendo os Pondaliñ@s, ademais das maquetas de Hugo, Lucía e Roi relacionadas co noso planeta, e que a mesma Valentina mencionou! Nós xa as coñecíamos desde fai un tempiño, pero hoxe tocou presentárvolas a vós aproveitando a ocasión. Mirade que xeniais:


Hugo, ademais duns planetas colgantes, chegou cargadiño cunha maqueta de plastilina onde podemos ver as diferentes partes nas que se divide o interior da Terra. Que curioso vai ser isto de aprender sobre o que se esconde baixo os nosos pés... Xa vos contaremos! Moitas grazas compañeiro!


Roi e Lucía puxéronse de acordo e trouxeron un par de maquetas impresionantes... Con elas aprenderemos máis sobre a formación do día e a noite, así como sobre as fases da lúa. Son xeniais! Moitísimas grazas compañeiros!

Así mesmo, como tódolos luns, a profe Bea enterouse da nosa nova misión e preparou uns xogos súper divertidos... Co primeiro deles recordamos que o planeta Terra é o único que conta con auga en estado líquido, e por iso é o único planeta do Sistema Solar no que existe a vida. Por este motivo, introducímonos no interior do noso planeta e botamos a nadar por todos os mares e océanos, bordeando os continentes que non podíamos nin tocar!


Seguidamente, abordamos un pouquiño máis o concepto de gravidade, esa forza que fai que o planeta Terra nos atraia contra si. A forza que exerce a Terra sobre nós é tan grande que iso fai que no noso planeta poidamos camiñar. Pola contra, noutros lugares do Universo, ou mesmamente no noso satélite, na Lúa, a gravidade é moito menor, e é por iso polo que os astronautas flotan no Espazo. Experimentamos esta forza practicando o tiro da corda... Que planeta contaría con maior gravidade? Sen dúbida o que tivese máis forza e atraese ao outro equipo contra si!


Por último, xa para relaxarnos, a profe Bea contounos unha curiosidade do noso planeta que nós non coñecíamos... Sabíades que a Terra non ten forma de esfera completa, senón que está achatada por ambos Polos? Nós agora xa o descubrimos grazas a esta clase de psicomotricidade! E así o representamos coas pelotas de espuma!


Ademais, hoxe confirmáronnos unha moi boa noticia! O vindeiro 17 de decembro teremos unha visita súper súper especial (e tamén moi espacial) no noso cole! Os Pondaliñ@s non darán crédito co que verán os seus ollos, pero por agora non vos podemos dicir nada máis... Seguiremos informando!

Comentarios

  1. Q será esa sorpresa..xa estamos impacientes!!! Q ben q agora xa podemos escoitar e ver as mensaxes de Valentina desde o móvil q antes non deixaba(polo menos a min)son xeniais esas clases con Bea,nótase na caras dos nenos q o pasan fantastico!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A sorpresa é un sorpresón, pero ata decembro non diremos nada máis! 😶

      Si, é que o programa que usa Valentina para mandarnos as mensaxes é un tanto especial, e ás veces deixa descargar os vídeos e subilos a Youtube, e outras veces non. Serán cousas de extraterrestres, ou da maxia do Señor do Tempo 😂

      Siii, as clases de Psicomotricidade deste curso son fantásticas! 😍

      Eliminar
  2. Esta Valentina quere saber moito ! aber se construyen o mapa pronto e pode vir de volta jijiji Lucia e Roi iban tan contentos co seu proyecto !!! e os outros nenos mandan cousas moi interesantes tamenn !! esta Rocio siempre poñendonos gaanass!!! quen vira en diciembre???????' haber se a chantjeamos jajajajaj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Valentina xa sabe moito, o que a astronauta quere é que nós aprendamos o mesmo ca ela 😛

      Siii, as aportacións das familias para o proxecto son fantásticas! Moitas gracias! 😍

      Pois ídesvos a quedar coas ganas porque ata decembro non descubriredes nada máis... 🤫🤭

      Eliminar
    2. jajjajajaajajajaja aguantaremonos logo

      Eliminar
    3. Non vai quedar doutra 😅

      Eliminar

Publicar un comentario