SEMANA DO SAMAÍN: CONTACONTOS TERRORÍFICOS!

Esta semana no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso celebramos o Samaín, e para dar comezo aos días máis terroríficos do ano, recibimos ás nenas e nenos de 5ºB e á súa mestra Meibel. Entre todos eles destacaba unha alumna en especial... Claro, Ainoa, a irmá da nosa compañeira Claudia!

E sabedes por que visitaron a nosa aula? Pois porque prepararon un contacontos moi especial... Viñeron contarnos a historia dun becho estraño! E o mellor de todo, trouxeron ao becho! Si, si, como escoitades... Mirade que ben o fixeron! Canto nos gustou que nos viñeran contar esta historia!


Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos quixemos agradecerlle a súa visita agasallándoos cunha manualidade que preparamos fai uns días... Acordádesvos de que vos contamos que estivemos picando ás e pintando pinzas? Pois con todo iso o que fixemos foi crear uns marcapáxinas con forma de morcego! Esperamos que aos nenos e nenas maiores lle gustasen moito e que lle den moito uso durante as súas lecturas! Moitísimas grazas por vir, fixéchedelo xenial!


Ademais, con motivo da celebración desta festa que tanto nos gusta, hoxe sacamos fotos con estas caras tan terroríficas... Parece que levamos un susto grande e todo! Moi pronto descubriredes que faremos con elas!




Comentarios

  1. Que ben os nenos de quinto, e que cariñas de susto os nosos pondaliños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, os nen@s de 5ºB fixérono fantasticamente ben e nós quedamos encantadísimos coa visita! 😍

      Eliminar
  2. QUE BEN O FIXERON !!!!! ROI VEU TODO CONTENTO POR QUE FOI NICOO JIJIJIJII

    ResponderEliminar
  3. Claudia veu encantada porque a sua irman maior lle fora contar o conto jjjjj

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito! 😊 Esperamos que Ainoa tamén o disfrutase moito! 😍

      Eliminar

Publicar un comentario