SEMANA DO SAMAÍN: MERENDAS TERRORÍFICAS!

Esta mañá continuamos celebrando o Samaín, e nesta ocasión tivemos que poñernos mans á masa e cociñar unhas merendas ben terroríficas xunto aos Pondaliñ@s de 3 e 4 anos, e tamén xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria.

Misturámonos uns con outros e así quedaron conformados os grupos:

  • Na aula de 3 anos facendo uns sándwiches con forma de araña coas profes Susana e Bea estiveron... Izan, Mariña, Mario, Marta, Naia e Noa!
  • Na aula de 4 anos transformando plátanos en fantasmas coas profes Teresa e Érica estiveron... Aroa P., Brais M., Daniella, Hugo, Lucas e Nizar.
  • Na aula de 1º transformando galletas en ollos sanguentos coas profes Rocío e Silvia estiveron... Alonso, Aroa V., Claudia, Leila, Xabi e Zaira! (E non nos trabucamos, agora temos dúas profes que se chaman Rocío no noso corredor!)
  • E na aula de 5 anos creando fantasmas de chocolate e dedos sanguentos de queixo coas profes Rocío e Brenda estiveron... Alejandro G., Alejandro V., Brais P., Lucía, Martina e Roi! Ademais, na nosa clase tivemos visita especial... Temos un montón de familiares nas outras aulas de Infantil, así que as profes de 3, 4 e 5 anos moveron os seus fíos e conseguiron que Álvaro, Héctor e Jesús cociñasen con Lucía, Alejandro V. e Alejandro G. Ademais, tamén cociñou con nós Alicia, a curmá de Roi!

Proximamente, cando teñamos as fotografías de tódolos grupos, compartiremos con vós as imaxes do noso cociñado... Polo momento deixámosvos o resultado final! Agardamos que vos guste... A nós encantounos esta merendola, non quedou nadiña!


Aquí podes ver as creacións das catro aulas e, ademais, transformamos o pan de molde e os pauiños que sobraron dos sandwiches de araña en tumbas derruídas e ósos de esqueleto! Aquí non se tira nadiña!


Nestas imaxes, ademais das nosas creacións que acabamos de mencionar, tamén podedes ver como transformamos os pauiños e o chocolate fundido sobrante dos fantasmas en vasoiras de bruxa enterradas no chan, e as boliñas de chocolate dos plátanos e as chuches dos dedos nun cemiterio con tumbas de cores. Canto voou a nosa imaxinación!

E despois do cociñado e a presentación de tódolos pratos, chegou o momento máis esperado... A papar! E moito papamos... Non quedou nadiña!








Seguide pendentes do blog, moi pronto vos explicaremos como preparamos esta merendola de Samaín!

Comentarios

  1. Que ben o pasaron e viñan super contentos

    ResponderEliminar
  2. que pintaza ten esa merendolaaa !!!cmo vos puxeste eh jijiji

    ResponderEliminar

Publicar un comentario