SEMANA DO SAMAÍN: DISFRACES TERRORÍFICOS!

Coas actividades desta mañá damos por rematada esta semana tan terrorífica, pois a partir de hoxe poderemos desfrutar de catro días libres! Iso si, a Semana do Samaín aínda non remata... O vindeiro luns poderemos traer á escola as nosas cabazas decoradas e os Pondaliñ@s de 5 anos tamén temos preparada algunha que outra sorpresa...

No día de hoxe comezamos a mañá observando e falando dos nosos disfraces de Samaín! Viñemos moi auténticos, e como non podía ser doutra maneira, aproveitamos o photocall da entrada para sacarnos unhas fotiños para o recordo. E para iso temos que darlle as grazas á mamá do noso compañeiro Roi e á profe Érica por térnolas quitado! Mirade que xeniais:




Ademais, os Pondaliñ@s que as quixeron probar, tomaron algunha das bebidas de Samaín que servían os nenos e nenas maiores nunha barra colocada para a ocasión!



Xa na hora da merenda, a nosa compañeira Aroa agasallou a tódolos Pondaliñ@s de 5 anos cun saboroso aperitivo: unhas fantásticas momias de Samaín! Case todos as quixemos probar e non quedou ningunha nas bandexas! Estaban boísimas! Moitísimas grazas Aroa!


Á volta do patio, os nenos e nenas de 6ºA petaron na nosa porta para realizar o famoso "Truco ou trato?". Asustáronnos cuns sprays monstruosos e fixemos un intercambio de caramelos de Samaín!


Para rematar esta xornada tan terrorífica apagamos as luces, pechamos as cortinas e encendemos a mesa de luz. A misión de hoxe era escribir, en función da etapa de adquisición da lectoescritura na que nos atopamos, palabras relacionadas co Samaín... Aquí nos tedes en pleno proceso!

Comentarios

  1. Hoxe foi un dia agotador, a alex encantaronlle as salchichas momia, gracias aroa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, pero agora teñen un montón de días para descansar e volver coas pilas súper cargadas! 😊 E as momias de Aroa estaban riquísimas 🤤

      Eliminar
  2. estaban todos guapísimos,algun que outro poñia moito miedito eh, eu encantada de ir siempre!! estes nenos alegranlle o dia a calquera! e si un ponte longo pa descansar e pintar as cabazass po cole ! bo ponte dos difuntos Rocio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias! 😊 E que ben foi aproveitada esa ponte... As cabazas de Roi son espectaculares, doutro planeta 😍

      Eliminar
  3. Algunha xa me avisou po ano nada de san main esta nena non gsna pa sustos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois este ano foi un Samaín moi light... Naia só se asustou cuns nenos con máscaras pero xa lle pedimos por favor que as quitasen. Pero bueno, o Samaín non é a súa festa... Seguro que o Magosto e o Nadal disfrútaos moito máis! 😉

      Eliminar

Publicar un comentario