Cando vos coñecín tiñades 3 anos, algúns nin os chegárades a cumprir. Era setembro de 2016, a vosa primeira vez nesta escola, pero tamén a miña. Crédeme cando vos digo que foi un pracer percorrer este camiño da vosa man. Moitas horas pasei con vós mentres chorábades por mamá ou por papá, e non vos vou mentir, moitas veces eu tamén tiven ganas de facelo, incluso cando vós xa non chorábades. Moitos días acabei colorada, despeinada, manchada, cos petos cheos de cachibaches variados e con pintura, plastilina e purpurina nos lugares máis insospeitados. Algunhas veces incluso desquiciada, para que ocultalo. Pero foi así como, pouco a pouco, todos xuntos fomos aprendendo. Vós de min pero, sobre todo, eu de vós. Non sabedes canto... Pouco a pouco fóchedes medrando, uns tivéronse que ir e outros viñéchedes un pouquiño máis tarde, pero agora sodes 25 grandes pequerrechos que me facedes rir, chorar e algunhas veces enfadar. 25 Pondaliñ@s que me namorades día a día, que me emocionades con cada...