ANIVERSARIOS DE SETEMBRO!
Esta mañá, os Pondaliñ@s celebramos o aniversario de Daniella, xa que foi a única compañeira que cumpriu anos no mes de setembro. É tan maior que xa ten 3 aniños! Mirade qué contenta co noso marco de "Feliz cumple" e a súa chapa de aniversario! Por suposto, tódalas compañeiras e tódolos compañeiros a felicitamos, e aquí estamos con Teo, que hoxe se puxo de cor rosa porque estaba desexando darlle un gran achuchón, e porque ademais el ben sabe que o rosa é a cor favorita de Daniella! E por fin Daniella, despois de poñer a súa coroa, puido soprar a súa vela mentres os demais nenos e nenas da aula lle cantabamos o "Cumpleaños feliz". Hoxe estivemos un pouquiño tímidos, notouse que era a nosa primera celebración, pero seguro que nos seguintes aniversarios cantamos e aplaudimos con moito máis entusiasmo! E agora... Agora era o momento de degustar o rico biscoito de Daniella, acompañado duns saborosos zumes! Bo proveito! Pero aínda tiñamos unha ...