MELLORAMOS A NOSA MOTRICIDADE FINA!
Como sempre dicimos, xa estamos no cole de maiores, e por iso, durante este curso, comezaremos a facer cousiñas de nenas e nenos maiores, entre elas escribir!
Para iso, necesitamos fortalecer os músculos das nosas mans e bonecas e así mellorar a nosa motricidade fina. Son moitas as actividades que nos axudan a progresar nestas habilidades: debuxar, colorear, pegar, picar, moldear a plastilina, abotoar as chaquetas e os mandilóns (cos que comezaremos a próxima semana!)...
A través do xogo tamén podemos mellorar a nosa motricidade fina, ao mesmo tempo que incidimos en aspectos tan importantes como a coordinación ollo-man, a presión, a precisión, a concentración... Mirade que entretidos estamos!

Claudia, Daniel, Aroa V., Iria, Noa, Xabier e Martina intentando ensartar as pezas de madeira en cadanseu cordón.
Lucía, Aroa P., Izan, Zaira, Daniella, Andrea e Mariña intentando ensartar as pezas de plástico en cadanseu cordón.
Brais M., Roi e Nizar intentando pasar cadanseu cordón polos distintos buraquiños e así completar cada figura: un tren, un osiño e unha casiña.
Alejandro, Brais P., Hugo, Alonso, Marta e Lucas intentando aparafusar cada parafuso coa súa porca.
Que gozada poder ver o que fan os nosos peques no cole!!
ResponderEliminarEstá xenial o blog. Noraboa.
Moitísimas grazas! Alegrámonos de que vos guste :)
ResponderEliminarEncantada de poder ver a miña tan quietiña e atenta "no me lo creo" felicidades!!
ResponderEliminarMoitas grazas! :)
Eliminar