BENVIDOS!

O curso 2016/2017 xa deu comezo, e as nenas e nenos de 3 anos estamos en pleno Período de Adaptación!

Despois dun par de días nos que coñecemos a Rocío e a Xalo, e tamén os distintos recunchos da aula, este venres alguén nos esperaba na nosa nova alfombra...


Este é Teo, o monstro de cores, e vai ser a nosa mascota durante este curso! El tamén nos quixo dar a benvida ao novo cole, e nós dixémoslle como nos chamabamos e regalámoslle un gran abrazo que o puxo moi feliz.

Pero Teo non viña só, senón que con el trouxo o seu conto, e aí descubrimos por que lle chamaban o monstro de cores. Resulta que Teo é un monstro moi especial, que cambia de cor segundo o que sinta en cada momento. Queredes relembrar a súa historia? Pois premede neste vídeo!


Despois dos foguetes cos que rematamos todos os contos, algo tivemos que colorear nas nosas mesas. Polo momento é un segredo, pero dirémosvos que para traballar mellor tivemos de fondo algunha que outra canción. Aquí volas deixamos por se as queredes escoitar durante esta fin de semana nas vosas casas!



E isto é todo por esta semana, seguiremos informando das nosas aventuras nos próximos días!

Comentarios