ANIVERSARIOS DE SETEMBRO!
Esta mañá, os Pondaliñ@s celebramos o aniversario de Daniella, xa que foi a única compañeira que cumpriu anos no mes de setembro. É tan maior que xa ten 3 aniños! Mirade qué contenta co noso marco de "Feliz cumple" e a súa chapa de aniversario!
Por suposto, tódalas compañeiras e tódolos compañeiros a felicitamos, e aquí estamos con Teo, que hoxe se puxo de cor rosa porque estaba desexando darlle un gran achuchón, e porque ademais el ben sabe que o rosa é a cor favorita de Daniella!
E por fin Daniella, despois de poñer a súa coroa, puido soprar a súa vela mentres os demais nenos e nenas da aula lle cantabamos o "Cumpleaños feliz". Hoxe estivemos un pouquiño tímidos, notouse que era a nosa primera celebración, pero seguro que nos seguintes aniversarios cantamos e aplaudimos con moito máis entusiasmo!
Pero aínda tiñamos unha bonita sorpresa para o día de hoxe... A mamá de Daniella tamén estaba invitada a esta celebración!
MOITAS FELICIDADES E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

E agora... Agora era o momento de degustar o rico biscoito de Daniella, acompañado duns saborosos zumes! Bo proveito!
Pero aínda tiñamos unha bonita sorpresa para o día de hoxe... A mamá de Daniella tamén estaba invitada a esta celebración!
MOITAS FELICIDADES E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!
O vídeo está subido á nosa canle de Youtube para que o poidades ver en mellor calidade, pero está coma oculto, polo que ninguén pode velo sen o enlace que deixamos no blog nin tampouco atopalo no buscador.
ResponderEliminarSe algunha familia non está de acordo con isto, que mo faga saber para modificar este e facer que os próximos vídeos se suban directamente ao blog. Grazas! :)
Que va!! Estamos encantados de poder ver os nosos nenos na escola. Seguide así!!
EliminarINCRIBLE. Non sei como conseguides que estén TODOS tan caladiños e sentadiños.
Parabéns, Daniella!!!
ResponderEliminarO marco e o broche, preciosos!!!
E tamén a coroa! Moitas grazas polo modelo, Revoltiñ@s! :P
EliminarFelicidades!!!
ResponderEliminar