COÑECEMOS Á MESTRA LUISA!
Esta mañá, xusto antes de comezar a merendar, alguén petou na nosa porta... Chegou saudando e cun pandeiro na man. Quen podía ser? Si, Luisa, a nosa mestra de Música! Hoxe non tivemos tempo de subir á segunda planta, pero xa sabemos que alí se atopa a aula que visitaremos tódolos xoves e na que o imos pasar fenomenal cantando, bailando e tocando moitos instrumentos!
Ademais, botádelle ben un ollo ás nosas posicións nas mesas. Onte Teo falou coa mestra Rocío e dixo que xa estabamos listos para ter o noso lugar na aula, e nesas cadeiras deixaremos as mochilas tódalas mañás, e sentarémonos nelas para merendar sobre a nosa mesa e facer algún que outro traballiño. Seguindo as cores do noso monstro, fixemos catro equipos:

- O equipo amarelo está formado por: Alejandro, Aroa V., Daniel, Daniella, Iria, Lucas e Martina.
- O equipo verde está formado por: Alonso, Leila, Naia, Nizar, Noa e Roi.
- O equipo vermello está formado por: Brais M., Claudia, Izan, Lucía, Xabier e Zaira.
- O equipo azul está formado por: Andrea, Aroa P., Brais P., Hugo, Mariña e Marta.
Muy chulo o blog!!
ResponderEliminarMoitas grazas :)
Eliminar