COÑECEMOS AO MESTRE CARLOS!

Como podedes ver na marxe dereita do blog, os Pondaliñ@s xa temos horario! Para comezar ben a semana, os luns visitaremos o Pavillón na hora de Psicomotricidade.

E como hoxe foi luns, tocounos coñecer ao mestre Carlos e ao seu fiel amigo, o silbato! Descubrimos o grande que era o Polideportivo, e tamén algúns dos materiais que alí había: colchonetas, balóns, cordas, aros, zancos... Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foron dous canciños aos que proximamente lle poremos nome! Xa vos iremos informando!

Con eles decidimos sacar unha foto xunto ao mestre Carlos. O profe Xalo tamén se uniu, xa que el acompañaranos nas nosas aventuras ximnásticas!


Comentarios