A NOSA PRIMEIRA MERENDA!

Esta mañá, todos xuntos, por fin puidemos merendar no novo cole! Pero antes de encher as nosas barrigolas, tiñamos que prepararnos: ir ao baño, limpar as mans e... ESTREAR OS NOSOS MANTEIS!

Estes xa os decoramos o venres pasado, pero non puidemos estrealos ata hoxe. Mirade que ben quedaron!










E aínda que algúns nenos non puideron vir ao cole ese venres, tamén decoraron o seu mantel uns días despois. Mirade, mirade!


Agora si, estabamos listos para merendar. Bo proveito!


Comentarios