VISITAMOS A BIBLIOTECA!
Esta mañá os Pondaliñ@s chegamos á segunda planta do noso colexio. Alí nos esperaba Cleo, a mascota da nosa biblioteca, e con ela aprendemos que este era un lugar cheo de libros onde debiamos falar moi baixiño...
Moi tranquilos subimos ao escenario, e alí esperamos a que a mestra Rocío elixise un conto para nós, e o gañador foi... MARILUZ AVESTRUZ!
E o encargado de lérnolo foi o profe Xalo! Mirade que contentos! Aínda que non podemos ver o sorriso dunha nena que quedou agochada detrás do chicho de Claudia, verdade Lucía?
E despois de coñecer a esta avestruz tan presumida e de botar os foguetes cos que acabamos tódolos contos, saímos amodiño da biblioteca para volver á aula e bailar a canción da Avestruz Mariluz. Apetécevos recordala?

Que actividades máis fermosas facedes!!! Noraboa polo blogue!!! Está precioso!!!
ResponderEliminarMoitas grazas! Espero que pronto actualicedes o voso. A profe Rocío tamén quere ver que van facendo os seus pequechiños do curso pasado. Un bico grande para todos :)
Eliminar