SEMANA DO SAMAÍN: CORREDOR DO TERROR E MOITO MÁIS!
No día de hoxe continuamos coas sorpresas de Samaín... Nada máis entrar ao colexio os primeiros sorprendidos fomos nós cando vimos os atuendos e as maquillaxes terroríficas de mestres e compañeiros! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos na nosa versión máis medorenta! E falando de medo, onde algún de nós pasou moito foi no túnel do terror que tódolos anos prepara Teacher no seu corredor! Desta vez os sustos déronnolos uns zombies que saían de ataúdes, pallasos, noivas cadáver e outras personaxes ben medorentas, caixas e bebidas misteriosas... Aquí nos tedes antes de entrar! Como non queríamos que máis monstros nos asustasen, a profe contounos que os podíamos facer desaparecer cun feitizo coma os que fan os bruxos e bruxas de Samaín. Antes de nada, escoitamos esta canción para ver como esta bruxa creaba a súa pócima máxica e así coller algunha idea para a nosa! Feito isto, démoslle renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e verbalizando todo o que s...