SEMANA DO SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E TALLER DE COCIÑA!

No día de hoxe iniciamos a semana máis medorenta do curso: A SEMANA DO SAMAÍN! Como non podía ser doutra maneira, comezamos coa exposición de cabazas que cada Pondaliñ@ trouxo da súa casa e que decorou coa súa familia. Mirade as nosas fantásticas creacións! Agora xa repousan todas elas nun dos mobles do hall para que calquera persoa que visite o colexio poida admiralas! Moitas grazas aos papás e ás mamás pola vosa colaboración!







Outra das actividades que realizamos no día de hoxe foi un taller de cociña de Samaín! Distribuímonos en varios grupos xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos. 

Andrea, Aroa P, Brais M., Claudia, Lucas, Mario, Nizar e Xabi visitaron a aula de 3 anos e coa profe Mila e coa profe Silvia transformaron unhas mandarinas e unhas regalices nunhas cabazas moi especiais!




Alejandro, Hugo, Izan, Lucía Mariña, Naia, Noa e Zaira quedaron na aula de 4 anos con Xalo e Rocío, onde con pan tostado, marmelada de pemento, queixo e lacasitos idearon unhas momias terroríficas!




Alonso, Aroa V., Brais P., Leila, Marta, Martina e Roi achegáronse á aula de 5 anos e coa profe Eli e coa profe Pilar usaron pan, nocilla e fideos de chocolate para crear unhas tumbas terroríficas! Sen dúbida, este foi o noso plato favorito!





Puxémonos as botas!





Mañá continuaremos co corredor do terror e co "Truco ou trato?"! Xa vos iremos contando!

Por certo, os nosos caracois non comeron nadiña das nosas receitas, pero seguen alimentándose moi ben grazas ás froitas e verduras que o pasado venres lles trouxo Mario!

Comentarios

  1. Andrea nada mais baixar do bus contoume o da cociña. Veu encantada. As calabazas queron todas moi bonitas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que cos talleres de cociña pásano pipa! Nun par de semaniñas faremos un moi caracoleiro para celebrar o cumple nº 25 da profe, e seguro que tamén lles vai encantar 😋 As cabazas son espectaculares 👏👏👏

      Eliminar
  2. Estaba deseando ver a entrada do blog de hoxe porque Lucía foi o primeiro que contou o chegar do cole, e tiña curiosidade de como sería o plato que fixeran de queixo(según Lucía un queixo riquísimo,que na casa nin o proba jejeje) con lacasitos. Encantoume, cantas comidas chulas fixeron para celebrar o Samaín, e as calabazas todas preciosas, como traballan estos nenos😍 e que ben o pasan e que felices están que é o importante

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, cando viu que lle tocaba no grupo do queixo non estaba moi entusiasmada, pero logo comeuno moi ben. Terémoslle que preguntar ao profe Xalo que marca de queixo merca para o comedor para que así Lucía tamén o coma na casa 😂 As cabazas chulísimas e os Pondaliñ@s súper contentos con tódalas actividades! 😍

      Eliminar
  3. como nos tes asi de mal enseñadas ,deseando ver o que fixeran jajaja,si Roi conteentiisimoo,enseñoume a facer o que no cole aprenderá!!, as calabazas todas chuliisimaass!!! un dia moi diferentee e hoxe maiiiss!!!,asique a profe tamen cumple anos??? huiii vai preparando as orelliñas que tes 23 !! jijijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para iso está o blog, para que desexedes ver o que facemos 😋 Ui, pois con eses bocatas seguro que todos na casa enchéchedes ben o bandullo porque estaban riquísimos! 👏

      Eliminar
  4. E nos que non lle entendiamos o que fixeran cas regalices

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, para estas cousas o blog é moi útil 😂😂😂

      Eliminar

Publicar un comentario